O PP denuncia que no saneamento do Camiño Loureiro o Bipartito «chega 6 anos tarde, coa peor opción e deixa fóra ao 90% dos veciños»

Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • 1
  • 2
  • 3
  • O PP denuncia que no saneamento do Camiño Loureiro o Bipartito «chega 6 anos tarde, coa peor opción e deixa fóra ao 90% dos veciños»

    • Os populares recordan que Luciano Sobral mentiu aos veciños e perdeu unha subvención da anterior Deputación e uns terreos cedidos polos propios veciños para facer «a opción máis idónea, que incluía a máis casas con menos gasto e que daba máis futuro a Combarro».
    • Tucho Muíños desvela que PSOE e BNG van gastar máis de 160.000 euros nunha obra que orixinalmente custaba 25.000, co agravante de que a gran maioría de veciños terán que pagar o enganche do seu propio bolsillo.

     

    Poio, 26 de novembro de 2018. O voceiro do PP de Poio para a parroquia de Combarro, Tucho Muíños, visitou esta mañá as obras de saneamento que está a levar a cabo o Concello de Poio no Camiño de Loureiro, en Cidrás, e denunciou que estas obras chegan 6 anos tarde, e que despois de mentirlle aos veciños, o goberno de Luciano Sobral escolleu «a peor opción», unha opción que ademais «deixa fóra ao 90% dos veciños».

    Muíños recordou que a opción escollida polo Concello para instalar sumidoiros neste núcleo de Cidrás supón un investimento de máis de 160.000 euros, e ao facerse pola parte de arriba das vivendas só permitirá o enganche directo de 2 casas, obrigando ao resto a facer un desembolso para poder ter servizo, e explicou que a tardanza nesta actuación é o resultado de anos de mentiras e ineficacia de Sobral.

    Muíños recordou que hai algo máis dun lustro os propios veciños conseguiron unha subvención da anterior Deputación de 18.000 euros do Plan de Acción Comunitaria (PAC), que cubría a maior parte dos 25.000 euros totais que custaría poñer saneamento neste núcleo. Ademais, segundo o proxecto proposto por eles mesmos, serían os propios residentes deste camiño os que cederían os terreos necesarios para a obra, pola parte de abaixo das casas, que ademais suporía o acondicionamento do camiño grazas ás xestións dos residentes.

    Aquela obra tiña varias vantaxes, a primeira de todas o reducido custe, de só 25.000 euros. Ademais ao transcorrer pola parte de abaixo das casas, o saneamento faríase por gravidade e se daría servizo a todas as casas de forma moito más eficaz e económica que a elixida. Por outro lado, a actuación proposta polos veciños naquel momento era «a que daba máis futuro a Combarro», xa que ao proporcionar un enganche na zona con maiores posibilidades de crecemento, e acondicionar o camiño daba a posibilidade de urbanizar esa área no vindeiro plan xeral.

    Muíños recordou que os veciños se moveron para poder ter saneamento daquela, e conseguiron o financiamento da anterior Deputación. Ademais, foron os propios residentes os que negociaron a cesión dos terreos necesarios para poder poñer as canalizacións, «pero despois de todos eses esforzos e todas aquelas xestións, Luciano Sobral faltou á súa palabra e os veciños do Camiño de Loureiro perderon aquela subvención, todos os seus esforzos, e varios anos que podían ter desfrutado de saneamento, e agora o Concello chega seis anos tarde, cunha opción moito peor que aínda por riba deixa fóra ao 90% dos veciños do camiño».

    Muíños apuntou que coa opción escollida polo Bipartito, que xa adxudicou as obras por 167.000 euros, a cargo do plan Concellos, a gran maioría das vivendas non teñen garantido o enganche, e pediu aos veciños que reflexionen: «Hai anos fixeron todo o traballo, conseguindo fondos e terreos para ter saneamento da forma máis idónea e non puido ser polas mentiras do alcalde», e recordou que o PP, finalmente apoiou esta opción «porque o importante é que os veciños poidan ter por fin saneamento», pero lamentou que por culpa de PSOE e BNG «ao final a única opción foi a peor, a máis cara e a que dá servizo a menos persoas».

Add comment


Security code
Refresh