Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

Populares de Pontevedra

  • Ana Pastor aposta por políticas eficaces que primen os feitos fronte a discursos baleiros, cargados de propaganda barata e demagoxia

    • A candidata sinala que o PP é garantía de emprego, e recorda que hoxe na provincia hai 7.000 parados menos nos últimos doce meses.
    • Di que o Ministerio de Fomento estivo estes catro anos volcados con Galicia e con Pontevedra.
    • Para Alfonso Rueda, “a trinidade de Pablo Iglesias son Maduro, Tsipras e Zapatero, e iso é o que ofrece Podemos”.

     

    A Estrada, 19 de xuño de 2016.- A candidata do PP de Pontevedra ao Congreso, Ana Pastor, manifestou hoxe na Estrada que a xente non espera dos políticos “discursos baleiros, cargados de propaganda barata e de demagoxia, senón políticas eficaces que primen os feitos fronte aos ditos”. Políticas e xestión como a que o Partido Popular levou a cabo durante os últimos anos, dixo, “nos que Mariano Rajoy demostrou nos momentos máis críticos ter o aplomo e a determinación necesaria para evitar o rescate”.

    Foi durante o mitin que se celebrou esta noite na Estrada, e no que tamén participaron o presidente provincial, Alfonso Rueda, e o alcalde e presidente local do partido, José López. Ana Pastor destacou que o PP é garantía de emprego, e fíxose eco dos últimos datos que din que no mes de maio houbo 3.329 parados menos na provincia, e 7.000 menos nos últimos doce meses, ao mesmo tempo que recordou o compromiso dos populares para os próximos anos, que é que en 2020 haxa 20 millóns de españois traballando.

    “Creo que somos o partido e o Goberno máis fiable, porque somos os únicos que nos presentamos co aval da nosa xestión”, dixo a candidata, que incidiu en que o Ministerio de Fomento estivo volcado con Galicia e coa provincia nos últimos catro anos. “Fixemos unha aposta irrenunciable polos investimentos produtivos, que son os que maior retorno social e económico ten, en teros de vertebración, de cohesión e xeración de emprego”. Así, comparou que “onde antes había promesas, hoxe hai realidades tanxibles, como o eixo atlántico, que xa é un feito, ou o Ave a Galicia, que o vai ser en 2018”.

    Para Ana Pastor, “outros non poden ofrecer nada, salvo fume e promesas infundadas, porque se dedicaron a remar á contra tratando de obstaculizar ou desmerecer proxectos que están redundando ou van redundar moi pronto en maiores cotas de beneficios e benestar para a provincia”.

    O PP COMO GARANTÍA

    A candidata destacou que só os votantes do Partido Popular saben que votan e o destino que se lle vai dar ao seu voto, “pero os outros nin saben nin contestan, prefiren seguir ocultando o uso que van dar aos votos que consigan, que vai ser mercadear coa vontade dos cidadáns”.

    Por iso chamou á mobilización, “porque cada voto conta. Pídovos o voto polo emprego, polas pensións, pola recuperación, porque Galicia necesita un tren do século XXI, polos mozos, e sobre todo para que non nos goberne a pesadilla populista de Pablo Iglesias”.

    Destacou, ademais, que o PP “é unha garantía de estabilidade, de certeza, de progreso e de unidade”, fronte ao proxecto de Podemos e “demais franquicias asimiladas, que no caso de Galicia son as Mareas, que queren para  Galicia e o conxunto de España as miserias que están pasando os cidadáns de Venezuela e de Grecia”. Nesta liña, recordou que “as Mareas son igual a Podemos, e Podemos é igual ás Mareas. A única diferencia é que aquí teñen a un padriño que se chama Beiras, e que é unha xove promesa”.

    No que respecta a Ciudadanos, sinalou que “é votar ao PSOE, porque o señor Rivera xa tomou partido e anunciou o seu veto a un eventual goberno do Partido Popular, aínda que sexa o partido máis votado”. Entende que “deberían ter concorrido en coalición, baixo o mesmo paraugas e agarraditos da man”, tal e como fixeron Unidos-Podemos, “unha candidatura de confluencia que non é máis que un eufemismo perverso que ameaza con reeditar os Pactos do Tinell e os cordóns sanitarios anti-PP”.

    Tamén o presidente provincial Alfonso Rueda se referiu a Podemos. “Sabemos cal é a trinidade de Pablo Iglesias: Maduro, Tsipras e Zapatero, e iso e o que ofrecen”. Por iso chamou á movilización do electorado de cara o 26 de xuño e a votar con sentido común ao Partido Popular. “Si os moderamos dividimos o noso voto, Pablo Iglesias será presidente. Non din con quen van a pactar, están facendo o mesmo que en decembro. Pero non hai dúbidas de que os dous odelos claros son PP ou Podemos”, salientou.

    Alfonso Rueda pediu que se reflexione, “para ver como estábamos hai catro anos, e o que pasou nestes seis meses”. Por iso, animou “a botar o resto, porque depende de nós. Non vale con gañar, porque xa gañamos en decembro e seguimos aquí”. Por iso pide que a vitoria sexa contundente, “porque se votar en decembro era importante, agora é urxente e imprescindible”. Do contrario, sinalou, “terán catro anos por diante para recordarnos este gran erro, e despois xa non haberá remedio”.

    O presidente do PP de Pontevedra tamén recordou que estes que presumen de ser a nova política, xa están gobernando nos concellos e xa están demostrando que todo o que dicían e prometían era falso. “Parece que acaban de chegar, pero non, e hai que recordalo. Dixeron que ían facer milagros nos tres primeiros meses en Santiago, O Ferrol, A Coruña, Cádiz... e despois do primeiro ano xa lles están recordando que todo era mentira”.