A deputada do PP, Pilar Rojo, esixe ao Ministerio que cumpra cos veciños da Ermida e Pilarteiros e presente un trazado alternativo para a Circunvalación de Pontevedra

Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • 1
  • 2
  • 3
  • A deputada do PP, Pilar Rojo, esixe ao Ministerio que cumpra cos veciños da Ermida e Pilarteiros e presente un trazado alternativo para a Circunvalación de Pontevedra

    • A través de unha pregunta no Congreso, pide que aclaren, entre outras cousas, “que pasos se van a seguir, se van a convocar aos veciños e que prazos teñen previstos para as diferentes fases de actuación”.
    • Pide, ademais, que o Ministerio concrete como están as obras do tramo Vilaboa-A Ermida e que aclare cando está previsto que rematen.

     

    Pontevedra, 27 de novembro de 2018. A deputada nacional do Partido Popular, Pilar Rojo, recordou no Congreso dos Deputados que os veciños do tramo da circunvalación de Pontevedra, entre A Ermida (Marcón) e  Pilarteiros (Xeve) continúan á espera de que o Goberno lles presente un trazado alternativo, dado que o que se incluía no proxecto inicial non convencía aos veciños das zonas afectadas polas expropiacións.

    Pilar Rojo esixiu ao goberno que aclare se vai cumprir cos veciños, e vai presentar un trazado alternativo tal e como demandan, e tamén pediu explicacións sobre a situación na que se atopa actualmente o proxecto deste tramo de 5 quilómetros. “Queremos saber cantas alternativas de trazado están previstas e tamén cal é a opinión do Ministerio de Fomento en relación a cada unha delas, tamén que pasos se van a seguir, se van a convocar aos veciños e que prazos teñen previstos para as diferentes fases de actuación”, engadiu. Ademais, tamén se preocupou polo grado de execución das obras do tramo Vilaboa-A Ermida, e pediu que aclaren cando está previsto que rematen.

    Pilar Rojo lembra que existía un compromiso firme para presentar o trazado alternativo entre A Ermida e Pilarteiros antes da licitación pública das obras deste tramo da A-57, e incide en que nos orzamentos xerais do Estado para 2018 se reservaban partidas importantes para continuar coa execución das obras desta estrada. Concretamente, aclara a deputada, prevíase unha dotación de 15,2 millóns de euros para executar as obras do tramo entre Vilaboa e A Ermida, “que esperamos conclúan antes de rematar o ano”, así como 3 millóns de euros para licitar as obras do tramo A Ermida-Pilarteiros.

Add comment


Security code
Refresh