O PP de Silleda denuncia trabas no acceso a información municipal

Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • 1
  • 2
  • 3
  • O PP de Silleda denuncia trabas no acceso a información municipal

    • O Alcalde incluso chegou a denegar o acceso ó libro de decretos.
    • Falan continuamente de participación cidadá, de transparencia, de que non teñen nada que ocultar, pero sen embargo o único que fan e poñer trabas
    • Estas actuacións evidencian o nerviosismo que teñen porque se lle están descubrindo as súas maniobras, chámannos mentireiros e calumniadores, pero son incapaces de contradecir o que afirmamos.
    • Os Populares lamentaron a actuación da Presidenta da Diputación e invitana a revisar a documentación si e que lla dan no Concello.

     

    Silleda, 28 de novembro de 2018.- O Partido Popular de Silleda denuncia as trabas que dende os últimos meses, e máis intensamente nos últimos días se lle ven impoñendo no acceso a información solicitada no Concello.

    Para o Partido Popular estas trabas acadaron o seu cumio no momento no que o Alcalde incluso procedeu esta semana a denegar o acceso ó libro de decretos, “É incrible e un despropósito que agora se nos limite o acceso a unha información a que estamos autorizados a acceder na nosa labor de control, porque ademáis xa no seu día se nos concedeu e é informacion que ten que ser sometida a control do Pleno. ¿Cómo quere que fiscalicemos a súa labor se nos impide coñecela?”: Ademáis dende esta formación sinalaron que “O Alcalde non ten competencia para denegarnos ese acceso, pois ese acceso é libre para tódolos concelleiros, e ésta é a primeira vez que sucede algo similar.

    Para os Populares este oscurantismo choca co que pregonan nos medios “Falan continuamente de participación cidadá, de transparencia, de que non teñen nada que ocultar, pero sen embargo o único que fan e poñer trabas a canta información lle pedimos. Por exemplo o acceso que solicitamos para ver o expediente promovido por unha entidade vinculada o Concelleiro de obras foinos denegado amparándose na lei de protección de datos, cando saben perfectamente que non hai datos protexidos, e que de ser así, deberían de ser eles os que fixesen o tratamento adecuado para que o solicitante poda ter acceso a un expediente público no que pode ser interesado.”

    Para o Partido Popular estas actuacións por parte do Alcalde evidencian o seu estado de nerviosismo porque se lle están descubrindo as súas maniobras, e pon todalas trabas posibles para evitalo, “É lamentable xa non a actuación que están mantendo con nós, chamandonos continuamente mentireiros e calumniadores, pero sin aportar nada que contradiga o que afirmamos, senón as presións que se están a exercer sobre os traballadores muncipais, con ameazas veladas, e amparándose no suposto cumplimento da lei de protección de datos, cando saben que esto non e así.”

    Declaracións de Carmela Silva 

    Os populares lamentaron tamén que a Presidenta da Deputación aproveitara a celebración dun acto público, tal como se recolleu na prensa, para faltar ó respeto dos grupos políticos do Concello, e en clara alusión a este grupo, calificándoos de mentireiros e calumniadores “Sorpréndenos moitísimo que a señora Presidenta sexa capaz de facer estas descalificacións con esa lixeireza e sen aportar nin un só dato que desminta o afirmado por este grupo en relación coas licencias de obra maior outorgadas por decreto dende o 2016, ou en relación cas irregularidades na concesión de algunha licencia, xa que supoñemos que non revisou previamente o libro de decretos. E increíble que unha persoa que representa a unha institución como a Deputación de Pontevedra poda actuar de esa maneira sen nin siquiera ruborizarse.”

    Asimismo dende as filas populares invitarona a revisar a documentación, “E si non lla facilitan no Concello, no que poidamos axudarémola para que teña unha opinión infomada de todos estes asuntos.”

Add comment


Security code
Refresh