O PP de Catoira reclama ao Goberno local a reparación urxente do campo de fútbol das Lombas

Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

Populares de Pontevedra

  • O PP de Catoira reclama ao Goberno local a reparación urxente do campo de fútbol das Lombas

     

    Catoira, 26 de decembro de 2018.- Dende o PPdeCatoira reclamamos ao concello a mellora e reparación urxente do campo de fútbol das lombas, que se encontra nun pésimo e vergonzoso estado. Con centos de rapaces entrenando pola semana e xogando partidos os sábados á mañá e á tarde, e os domingos á maña e á tarde, é un perigo e un risco moi grande tendo as instalación como están.

    A cuberta da grada está a punto de vir abaixo. Veciños e membros da directiva veñen anda nós alarmados polo que pode suceder si unha das cerchas que agarran o teito da grada cede e todo ven abaixo. Nesa grada séntanse pais, nais e rapaces que veñen ver os partidos os sábados e domingos. Partidos do Catoira S.D que ten equipos en categorías como biberóns, benjamíns, dous equipos de prebenxamíns, infantiles, séniors e veteranos. Dentro desa grada, chove en numerosos puntos, e mesmo é curioso como coa grada chea pódense ver espacios de asentos baleiros onde chove e caen goteiras. Os asentos están sucios pola falta de limpeza xa que o concello non se quere encargar desta, e é o club quen corre con esta responsabilidade. O primeiro que se pode ver cando unha persoa se vai sentar nun asento é como antes saca un pañuelo e limpa con el a suciedade acumulada antes de sentarse.

    O terreo de xogo do campo é outra película de terror mais. O pasado venres 21 reunímonos cun representante da federación de fútbol en Pontevedra, o cal nos informou que o terreo do campo leva polo menos instalado e sen cambiar dende o ano 2004 según a súa información, cando o normal é que a vida útil dos terreos de xogo sexa de 10 anos sendo usados non de forma excesiva, caso que en catoira pola cantidade de categorías, non sucede. Outros campos, nos cales se instalou o terreo de xogo á vez que en Catoira, xa foi substituído ata dúas veces. Ante esta situación, os nenos quéixanse de como cargan as pernas, os adultos pasaron de xogar con botas de tacos a multitaco e as lesións aumentan cada vez mais.

    Debemos tamén mencionar como se encontran outras instalacións como os vestiarios, que están en pésimo estado e a moitos socios do Catoira S.D chegan a dicirnos: “Danos vergoña cando outros equipos veñen xogar a Catoira e entran nos vestiarios onde se teñen que cambiar e asear”. Os banquillos están rotos, as chapas dos laterales do campo fora do seu sitio, cadros eléctricos en lugares impensables do campo, e moitas mais incidencias que fan que sexa imposible desempeñar unha actividade deportiva en plenas condicións. O concello de Catoira promete arreglos como fixo dende anos atrás, usan o comodín de “para o ano” e pasan os días, pero as solucións non chegan.

    O PPdeCatoira levaremos a pleno, protestaremos e pediremos axuda a quen sexa necesario, deputación, Xunta ou outros organismos implicados, coa intención de poder conseguir unhas instalacións en condicións para todos os Catoirenses que deciden practicar o fantástico deporte que é o fútbol.

     

    20181226 1Catoira 2

    20181226 1Catoira 3

    20181226 1Catoira 4

    20181226 1Catoira 5

Add comment


Security code
Refresh