Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

Populares de Pontevedra

  • Alfonso Rueda presenta ante a Xunta Directiva Provincial un balance positivo do traballo realizado onde salienta o espírito de renovación do partido e a cercanía coa cidadanía

    • O presidente do PP en Pontevedra animou a alcaldes e presidentes locais do partido a trasladar á veciñanza a ilusión e un proxecto anovado para afrontar con garantías as eleccións municipais do 26 de maio
    • A Xunta Directiva Provincial contou coa presenza dos conselleiros Ethel Vázquez, Román Rodríguez e Jesús Vázquez Almuíña

     

    Pontevedra, 27 de decembro de 2019.- O presidente do Partido Popular de Pontevedra, Alfonso Rueda, presentou ante a Xunta Directiva Provincial un balance positivo do traballo realizado ao longo do ano 2018 onde salientou o espírito de renovación do partido e a cercanía coa cidadanía como eixos fundamentais da acción política levada a cabo neste exercicio.

    Na xuntanza, á que asistiron os conselleiros Ethel Vázquez, Román  Rodríguez e Jesús Vázquez Almuíña, contou coa presenza de alcaldes, presidentes locais do partido e candidatos ás alcaldías dos concellos da provincia. O informe político presentado por Alfonso Rueda centrouse no traballo realizado de renovación das estruturas do partido así como a estreita colaboración levada a cabo ao longo deste ano entre a dirección provincial e as agrupacións locais para consolidar o modelo organizativo do partido para garantir o éxito das candidaturas do Partido Popular nas vindeiras eleccións que terán lugar o 26 de maio de 2019.

    TRABALLO ORGANIZATIVO

    Alfonso Rueda profundizou na necesidade de transmitir aos membros do partido, simpatizantes e colaboradores a ilusión polo traballo en equipo “para tensionar desde o punto de vista organizativo ao partido de cara aos novos retos que se nos presentan e que pasan por revalidar a nosa posición maioritaria nas corporacións locais. Temos que poñer a punto a nosa musculatura como partido para afrontar con garantías de éxito as eleccións municipais, para demostrar que o PP é a primeira opción electoral dos galegos e a única que pode ofrecer respostas axeitadas aos retos de futuro que demanda a cidadanía”, indicou Rueda.

    “Ao longo deste último ano centramos a nosa actuación como partido en captar as distintas sensibilidades e demandas da cidadanía. Tomamos boa nota delas e agora, o vindeiro ano, tócanos ofrecer respostas axeitadas a problemas concretos. O Partido Popular leva no seu ADN a vocación irrenunciable de servizo á cidadanía desde a convicción de que somos a única forza política que representa o sentir popular da xente e é capaz de ofrecer alternativas construtivas de cara ao futuro. Estas propostas deberán ser refrendadas pola veciñanza nas urnas o vindeiro 26 de maio e a esa cita acudiremos cos deberes ben feitos en todos e cada un dos concellos da provincia, con humildade e abnegación desde o lugar que ocupamos, pero con clara vocación de superar tanto os nosos resultados como o traballo que lle ofrecemos aos nosos veciños e veciñas”, manifestou o presidente provincial do PP.

    SEGUIMENTO DOS CONCELLOS

    Rueda fixo un repaso pormenorizado pola realidade política das principais vilas e cidades da provincia así como daquelas comarcas e municipios sobre os que o partido leva facendo un seguimento especial ao longo dos últimos tempos. Así o presidente provincial do PP sinalou que “naqueles concellos onde gobernamos, temos que seguir ilusionando á cidadanía con novos proxectos e retos constantes que impidan que eses concellos poidan caer nunha situación de modorra e autocomplacencia. Debemos estar sempre alerta e activos. Temos que ser aínda máis esixentes con nós mesmos, desde a humildade e a constancia, pero sempre cos pés na terra. Onde non gobernamos, temos que esforzarnos por visibilizar aínda máis e mellor a nosa mensaxe e facerlle ver á cidadanía que as alianzas dos perdedores o único que fixeron foi condenar aos nosos concellos á parálise e a “políticas da ocurrencia”, a un populismo barato que, na práctica, nos sae demasiado caro polo que supón de atraso e perda de oportunidades para os nosos concellos”.

    O líder do PP na provincia refereiuse tamén á necesidade de empatizar co electorado dun xeito activo e práctico e avogou polo contacto directo coa cidadanía como xeito de achegar dun mellor xeito a mensaxe do Partido Popular ao conxunto da veciñanza. “Debemos recuperar a confianza da xente e tender pontes de complicidade social a carón das xustas reivindicacións dos nosos veciños e veciñas. Debemos aspirar sen complexos a que depositen en nós as súas esperanzas. Ese é o reto que temos que afrontar e ao que nos temos que encomendar en corpo e alma no novo ano político que agora comeza. Só así, desde o traballo, o sacrificio e a constancia desde a humildade poderemos demostrarlle aos nosos veciños que estamos, estivemos e estaremos sempre ao seu carón para compartir as súas ilusións e impulsar os seus proxectos de futuro”.

    OBXECTIVOS NAS MUNICIPAIS

    Finalmente, Alfonso Rueda marcou como obxectivo colectivo de todos os asistentes á Xunta Directiva Provincial o reto de que o Partido Popular sexa a formación política máis votada en todos e cada un dos concellos que conforman a provincia e sinalou como “reto acadable a recuperación do goberno da Deputación de Pontevedra, ser a forza política máis votada en todos os partidos xudiciais e consolidar as maiorías de goberno en concellos emblemáticos do Partido Popular onde fomos desaloxados por gobernos de perdedores que se xuntaron non para procurar unha alternativa mellor ao PP senón para condenar ao enferruxamento local a concellos que pulaban polo futuro hai catro anos e nos que hoxe só vemos enfrontamentos e protagonismos personalistas que en nada resolven os problemas dos seus veciños e que lastran o progreso dos seus pobos”, dixo Rueda.