O PP denuncia que o Bipartito da Deputación deixa tirados a centos de xoves da provincia coa paralización do Plan de Práctica Laboral en Empresas

Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

Populares de Pontevedra

  • O PP denuncia que o Bipartito da Deputación deixa tirados a centos de xoves da provincia coa paralización do Plan de Práctica Laboral en Empresas

    • Ángel Moldes destaca que Carmela Silva “quitoulle a 800 mozos e mozas da provincia a oportunidade de comezar a súa vida laboral en empresas locais e de conseguir un emprego acorde á súa formación”.
    • O deputado Santiago Rodríguez Davila lamenta ademais que se reduzan a duración das bolsas do Plan de Práctica dirixido a Concellos, e lamenta “outro exemplo da nefasta xestión do Bipartito da Deputación, que nin sequera é capaz de manter un plan do anterior goberno provincial que funcionaba moi ben”.

     

    Pontevedra, 3 de xaneiro de 2018.- O grupo provincial do Partido Popular denunciou este xoves o “fracaso estrepitoso” do Bipartito de Carmela Silva en relación ao Plan de Práctica Laboral en Empresas, e destacou que ao longo de 2017 e 2018 o goberno de Silva “deixou tirados a centos de xoves da provincia” que contaban con este plan para ter unha primeira oportunidade laboral acorde coa súa formación.

    O voceiro provincial Ángel Moldes, que compareceu en rolda de prensa acompañado do deputado Santiago Rodríguez Davila, explicou que nas últimas semanas e meses os integrantes do grupo popular recibiron numerosas chamadas de empresarios e mozos expectantes por que a Deputación convocase o Plan de Prácticas Laborais en Empresas, un programa que cando gobernaba o Partido Popular “era un éxito total” con centos de xoves titulados que conseguiron un traballo na súa área de formación e que, en moitos casos, aínda hoxe continúan traballando nas empresas adscritas ao plan.

    Moldes recordou que en 2017 a Deputación non convocou o plan e en 2018, pese a convocalo nun primeiro momento, suspendeuno sete meses despois. “O resultado é que levamos dous anos consecutivos sen que persoas xoves e preparadas da provincia poidan atopar a súa primeira oportunidade laboral en empresas con plans da Deputación”, cando mediante este Plan, 800 mozos e mozas deberían ter traballado e conseguido experiencia acorde a súa formación, con 400 bolsas perdidas en 2017 e 400 perdidas en 2018.

    Moldes recalcou que moitos destes mozos ademais poderían consolidar o seu emprego, considerando o éxito de edicións anteriores deste plan, polo que a conclusión é que a presidenta da Deputación “quitoulle a 800 mozos e mozas da provincia a oportunidade de comezar a súa vida laboral en empresas locais e de conseguir un emprego acorde á súa formación”.

    “Esgotáronse as desculpas”, indicou Moldes, que recalcou que o fracaso do Bipartito en manter este plan “demostra a súa incapacidade de xestionar”, posto que este Plan de Prácticas laborais era un plan moi valorado incluso por outras administracións e que chagaba “a quen tiña que chegar”. Moldes lamentou ademais que coa paralización deste plan o Bipartito deixa de investir 8 millóns de euros, entre 2017 e 2018, no emprego xuvenil da provincia.

    A continuación, tomou a palabra o deputado Santiago Rodríguez Davila que explicou que “é triste ter que convocar unha rolda de prensa para dar unha mala noticia á mocidade da provincia”, pero que lamentablemente, coa paralización do Plan de Práctica Laboral en Empresas e Entidades, “a Nova Deputación deixa tirados a centos de xoves da provincia”

    Rodríguez explicou ademais que durante as últimas semanas preguntou repetidamente, tanto en comisións como en pleno sobre a paralización deste plan, sendo a única contastación do Bipartito “a calada por resposta”, polo que ademais da incapacidade de xestión, demóstrase o “oscurantismo e a ocultación” do goberno de Carmela Silva.

    Rodríguez lamentou tamén que o Bipartito reducise a duración das bolsas do Plan de Práctica Laboral en Concellos, un Plan similar ao anterior pero dirixido ás prácticas en administracións locais da provincia, onde se reduciron 5 meses prestación, polo que a conclusión que cabe extraer é o abandono absoluto da mocidade que quere traballar por parte do Bipartito de Carmela Silva: “As comparacións son odiosas, pero neste caso hai que facelas”, indicou Rodríguez, recalcando que a Nova Deputación “nin sequera é capaz de manter un plan do anterior goberno provincial que funcionaba moi ben”.

    Rodríguez rematou a súa intervención dirixíndose aos mozos e mozas da provincia en busca da súa primeira oportunidade laboral e decepcionados pola nefasta xestión da Deputación, e recordoulles que “a partir de maio haberá un goberno popular na Deputación que volverá a darlles oportunidades e non os vai deixar tirados”.

    DATOS DO PLAN DE PRÁCTICA LABORAL EN EMPRESAS E ENTIDADES PARALIZADO POLO BIPARTITO

    Obxecto do Plan: 400 bolsas anuais destinadas a titulados universitarios ou de FP para completar a súa formación en empresas ou entidades da provincia.

    Bolsas: 360 en empresas e 40 en entidades (colectivos, asociacións), cada ano.

    Duración das bolsas: 6 + 6 meses

Add comment


Security code
Refresh