Para o PP un novo modelo de prácticas non xustifica por que o Goberno de Carmela Silva “deixou tirados” a 800 mozos en 2017 e 2018

Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

Populares de Pontevedra

  • Para o PP un novo modelo de prácticas non xustifica por que o Goberno de Carmela Silva “deixou tirados” a 800 mozos en 2017 e 2018

    • Ángel Moldes critica que “intentan tapar a súa incapacidade de xestión mezclando todo”, e aclara que o novo plan de prácticas para 2019 nada ten que ver coa paralización do plan de prácticas laborais en empresas de 2017 e 2018 e coa inspección de traballo que se fixo aos bolseiros dos diferentes servizos da propia Deputación de Pontevedra.
    • Xa reclamaron unha copia da acta da inspección de traballo que se fixo na Deputación de Pontevedra.

     

    Pontevedra, 8 de xaneiro de 2019.- O voceiro do grupo provincial do Partido Popular, Ángel Moldes, lamenta que a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, continúe “sen dar a cara e ofrecer unha explicación” ás 800 mozas e mozos de toda a provincia “que perderon en 2017 e 2018 unha oportunidade importante para conseguir a súa primeira experiencia profesional acorde á súa formación”. Ademais, en referencia ao novo plan de prácticas que anunciou o Goberno provincial para o vindeiro ano, sinala que “pode ser válido para 2019, pero en ningún caso pode ser unha excusa para xustificar por que deixaron tiradas a todas estas persoas nos últimos dous anos”.

    Nesta liña, engade Moldes, “hai un feito claro, comezaron a falar de cambiar o modelo a finais de decembro, e nese mes os beneficiarios da bolsa de 2018 xa deberían levar meses desenvolvendo labores de bolseiros en empresas e entidades privadas da provincia. Por que non estaban? Ninguén o sabe, porque desde o Goberno de Carmela Silva deron a calada por resposta e intentaron ocultar a súa falta de xestión anunciando un novo modelo para 2019”.

    Un  novo modelo co que, ademais, “tamén están intentando tapar unha inspección de traballo que nada ten que ver con el nin co Plan de Prácticas laborais en empresas, xa que a inspección se fixo sobre os bolseiros que están desenvolvendo as súas tarefas en diferentes servizos da propia Deputación de Pontevedra”.

    Para o voceiro popular, “a estratexia de Carmela Silva está ben clara, queren mezclar todo para tapar a súa incapacidade de xestión, pero son cousas diferentes”, e aclara que “por un lado está o plan de prácticas laborais en empresas e entidades privadas, e por outro lado, a inspección de traballo que se fixo entre os bolseiros dos diferentes servizos da Deputación de Pontevedra”.

    Sobre este tema, tamén os populares reclamaron xa unha copia da acta da inspección de traballo. “É inadmisible o que está acontencendo cos plans de prácticas laborais da Deputación de Pontevedra. Queremos ter datos do que está acontecendo cos bolseiros no Pazo Provincial e nos diferentes servizos, pero en calquera caso, é importante recordarlle a Carmela Silva que ela é a responsable do que pasa na Deputación. O PP non goberna desde 2015 e, polo tanto, tampouco ditamina as funcións dos bolseiros da institución provincial”.

    Por último, Moldes recorda que o PP xa pediu explicacións ata en dúas ocasións pola paralización do Plan de Prácticas laborais en empresas, tanto en comisións informativas como no pleno, e a día de hoxe continúan sen recibir ningunha resposta.

Add comment


Security code
Refresh