Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

Populares de Pontevedra

  • Ana Pastor comproba as obras na A55 en Mos, que estarán rematadas nun ano e reducirán ata cinco puntos de concentración de accidentes

    • Sinala que as obras no tramo de San Elouteiro, “unha reivindicación histórica dos veciños, hoxe son unha realidade”.
    • Neste ano as melloras iranse poñendo en funcionamento progresivamente, conforme estean rematadas.
    • Antes visitou en Porriño Biofabri, como exemplo de empresa galega na investigación de vacinas con prestixio internacional.

     

    Mos, 22 de xuño de 2016.- A candidata do PP de Pontevedra ao Congreso, Ana Pastor, visitou esta mañá en Mos as obras que se están executando na autovía A-55, que une Vigo-Mos-Porriño, acompañada pola alcaldesa Nidia Arévalo. Ana Pastor salientou a importancia deste investimento, de case seis millóns de euros, que permitirá eliminar ata cinco puntos de concentración de accidentes.

    A candidata comprobou o bo avance das obras e anunciou que, segundo din os técnicos, estarán concluídas en menos de un ano. Non obstante, aclarou que estas melloras iranse poñendo en funcionamento progresivamente, conforme estean rematadas.

    Ana Pastor tamén se referiu ás obras que o Ministerio de Fomento está realizando no tramo de San Elouteiro, e recordou que “é unha reivindicación histórica dos veciños, que hoxe é unha realidade”. Por iso, dixo que “o investimento é importante, pero que merece a pena porque moitos dos veciños levaban máis de 20 anos reclamándoas”.

    Sobre este tramo tamén se referiu Nidia Arévalo, alcaldesa de Mos e voceira do PP local. “Son unhas obras moi demandadas desde que se construíu a autovía, e van permitir mellorar a calidade de vida e a seguridade dos veciños”, dixo e explicou que San Elouteiro, unha das zonas máis poboadas de Mos, quedou “case illado” porque o acceso era deficitario e obrigaba a dar un rodeo moi importante para chegar a destino.

    “Os veciños levaban moito tempo pedindo aos gobernos de Mos que se puxera en marcha un acceso directo” dixo, e recordou que foi Ana Pastor como Ministra de Fomento quen entendeu e compartiu esa urxencia. “Cantas cousas boas nos trouxo a Mos estes catro anos de Ana Pastor no Ministerio”, recordou a alcaldesa, que dixo que “algunhas reivindicacións estaban case no olvido e outras parecía imposible que puideran poñerse en marcha”. Por iso, salientou, “os compromisos que se levan a cabo en tempo son aínda maiores”.

    Nidia Arévalo tamén recordou que hai agora un ano desde que se cambiou o trazado da autovía “que era garrafal para Mos por un túnel.  

    PORRIÑO

    Antes, a candidata Ana Pastor visitou en Porriño a empresa Biofabri, como exemplo de empresa galega na investigación de vacinas con prestixio internacional. Estivo acompañada polo presidente da xestora do PP local, Carlos Martínez, e polo candidato Gonzalo Ordóñez.