O Partido Popular de Silleda cuestiona o custo final da obra das Pedrosas

Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

Populares de Pontevedra

  • O Partido Popular de Silleda cuestiona o custo final da obra das Pedrosas

    •  A obra custou 200.000 euros pero menos dun ano despois da remodelación hai preto de 30 luminarias que xa non funcionan.
    • Chegaron a instalar unha ponte de madeira sobre un lago que non se fixo, e que tiña un orzamento totalmente desproporcionado.
    • No seu día os socialistas desfixeron o cableado existente para a iluminación do parque.
    • No papel poderán xustificar o custo, pero vendo o resultado para nós non é real. ¿Onde están investidos os cartos entón?.
    • Para os populares o mantemento da instalación podería resultar ruinoso cun custo de mantemento cercano os 6.000 euros anuais.

     

    Silleda, 9 de xaneiro de 2019.- Dende o Partido Popular de Silleda poñen en cuestión o custo final da obra levada a cabo nas Pedrosas xa que a día de hoxe, menos dun ano despois da súa remodelación, hai cerca de 30 luminarias que xa non funcionan, e outras moitas que xa tiveron que ser reparadas.

    A pesares do pouco tempo transcorrido dende a finalización da remodelación, xa se encontran inoperativas máis do 20 por cento das balizas, e outras xa sufriron reparacións por preto de 150 euros cada baliza, gastos que foron asumidos polo Concello e que supón un auténtico despropósito cando no rural seguen sen repoñerse moitos puntos de luz que eran necesarios.

    Para o Partido Popular esta situación contrasta co alto custe que tivo esta remodelación, xa que chegou ós 200.000 euros, e na que xa no seu momento se apreciaron sobrecostes. “Chegaron a instalar unha ponte de madeira sobre un lago que estaba no proxecto pero que finalmente non se fixo, e que tiña un orzamento totalmente desproporcionado, pois acadaba case os 20.000 euros no proxecto, cando hai outras similares instaladas no Concello por menos da metade do que custou esta, e que como vemos era totalmente prescindible.”

    O planeamento desta obra fíxose sen ningún tipo de previsión por parte do goberno local e os populares recordan que, “No seu día o goberno socialista desbotou os traballos que xa estaban feitos polo Partido Popular, para tempo despois volver a gastar máis cartos dos veciños en refacer o que desfixeran, aínda que como se esta a ver co paso do tempo, levaron a cabo unha actuación que é unha autentica chapuza, e non resulta a solución máis axeitada para o parque das Pedrosas.”

    O voceiro do Partido Popular Ignacio Maril valorou a situación, e manifestou que, “Entendemos que o custe final dunha obra como a levada a cabo non esta xustificado realmente. No papel poderán xustificalo, vemos que hai  obras que varian, e se modifican pero sempre acaban custando o mesmo, o que para nós non é real, e como estamos a ver neste caso a obra final non pudo chegar o que realmente se pagou por ela xa que os materiais empregados son de moi baixa calidade. ¿Onde están os cartos entón? Iso e algo que só saben os que pagaron a obra.”

    Dende o Partido Popular pregúntanse que ten pensado facer o goberno local, se vai a seguir asumindo os costes dunha instalación ruinosa, cuxos custos de mantemento podrían achegarse fácilmente os 6.000 euros anuais, ou se pola contra vai a tomar algunha medida para solventar estes problemas. “Dende o Partido Popular temos claro que o custe de mantemento da instalación tal como esta plantexada non é asumible. Hai moitos sitios onde empregar eses cartos sen tiralos todolos anos desa maneira.”

Add comment


Security code
Refresh