As realidade quítalle a razón a Manuel Cuíña nas supostas actuacións do goberno contras as xiadas

Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

Populares de Pontevedra

  • As realidade quítalle a razón a Manuel Cuíña nas supostas actuacións do goberno contras as xiadas

    • Os Populares consideran inaceptables as últimas declaracións do Alcalde Manuel Cuíña.
    • Este mércores mantiñanse as xiadas en moitos puntos dos cascos urbanos e en puntos onde o Alcalde di que están actúando.
    • O Alcalde debería dar unha volta camiñando para comprobar cal é estado das beirarrúas, e como se esbara en moitos dos pasos de peóns.
    • O acceso ó CEIP de Bandeira dende a Estrada 525 é intransitable.
    • Os populares piden precaución ós veciños e esixen a posta en marcha dun operativo para afrontar a baixada de temperaturas.

     

    Silleda, 9 de xaneiro de 2019.- O Partido Popular de Silleda considera inaceptables as últimas declaracións do Alcalde Manuel Cuíña a conta da suposta actividade levada a cabo polo Concello para afrontar os problemas que están a xerar as xiadas dos últimos días,.

    Este mércores dende o Partido Popular puideron comprobar como, a pesar de non ser un dos peores días, as xiadas seguían a xerar problemas tanto no casco urbano de Silleda como no de Bandeira. As xiadas mantiñanse pasadas as 10 da mañan en puntos tan sensibles como as sendas peonís, en moitos dos pasos de peóns e nos entornos dos CEIP de Bandeira e de Silleda, así como nas beirarrúas de acceso ó Instituto de Silleda ou no Centro de Saúde da Bandeira.

    Para o voceiro do Partido Popular, Ignacio Maril as últimas declaracións do Alcalde son unha tomadura de pelo. “Debe pensar que a xente non vai cedo a levar os rapaces ós colexios, ou a traballar, ou as citas nos centros de saúde, e non ven o estado no que están as beirarrúas nos últimos días, ou que a persoa que esbarou e rompeu unha perna caeu soa. Debería dar unha volta camiñando para comprobar cal é estado das beirarrúas e como se esbara en moitos dos pasos de peóns, aínda que como el só é tranportista tampouco entende desto.”

    Dende o Partido Popular puideron comprobar tamén que o acceso ó CEIP de Bandeira dende a Estrada 525, punto no que o rexidor local afirmou que se estaba esparexendo sal para evitar a acumulación das xiadas, estaba absolutamente intransitable. “O certo e que as imaxes están ahí, el poderá decir o que queira, pero a realidade e a que é, e os autobuses cos rapaces e os pais teñen que pasar a diario por un punto que é moi perigoso pola falta de acción do Concello.”

    Por elo os populares pídenlle os veciños que extremen as precaucións nos vindeiros días, e esixenlle ó Alcalde que se deixe de propaganda e que asuma as súas responsabilidades e poña en marcha un operativo para afrontar a baixada de temperaturas dos próximos días.

Add comment


Security code
Refresh