Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

Populares de Pontevedra

  • Ana Pastor: “prometen o que nunca farán e dóelle todo o que fixo o PP”

    • Ana Pastor defende que “a estabilidade e o futuro de España dependen de políticas constatadas que avanzan na boa dirección, fronte aos que pensan en Venezuela e Grecia”.

     

    Vigo, 22 de xuño de 2016.- A candidata do PP de Pontevedra, Ana Pastor, lamenta que o PSOE e os demais partidos continúen na liña de sempre, “prometendo o que nunca van a cumprir, e doéndose de todo o que fixo o Goberno do Partido Popular nestes catro anos”.

    Foi durante o mitin que os populares celebraron hoxe en Vigo, ao que tamén asistiron o presidente rexional do PPdeG, Alberto Núñez Feijoo e o candidato ao Senado, Miguel Fidalgo. A candidata recordou que “os socialistas deixáronnos os caixóns cheos de proxectos faraónicos e facturas sen pagar”, mentres que os populares dedicaron estes catro anos “a pagar facturas e investir con cabeza e eficiencia”.

    Ana Pastor dixo que o fixeron coa estación de Vigo, “e farémolo coa de Ourense”, e criticou que “o peor é que aínda por riba, ao PSOE despois de botar oito anos sen facer nada no Goberno, lle parece mal que o Partido Popular puxera as cousas no seu sitio”.

    A candidata salientou que o domingo “só hai dúas opcións, a do PP e da estabilidade, ou a do bloque que se basea no populismo e extremismo”. Neste sentido, tamén explicou que os votos de Ciudadanos servíronlle en decembro aos señores de Podemos para sacar un escano.

    A candidata ao Congreso, Ana Pastor, destacou que “somos o partido e o Goberno máis fiable, porque somos os únicos que nos presentamos co aval da nosa xestión”, e incidiu en que o Ministerio de Fomento estivo volcado con Galicia e coa provincia nos últimos catro anos. “Fixemos unha aposta irrenunciable polos investimentos produtivos, que son os que maior retorno social e económico ten, en termos de vertebración, de cohesión e xeración de emprego”. Así, comparou que “onde antes había promesas, hoxe hai realidades tanxibles, como o eixo atlántico, que xa é un feito, ou o Ave a Galicia, que o vai ser en 2018”.

    Ademais, tamén recordou que “a pesar do mantra que algúns nos colocan, dicindo que houbo cambios no sistema sanitario, temos que dicir que temos un sistema público, gratuíto e universal, que sigue sendo un dos mellores do mundo”, e referiuse a que máis do 90% dos cidadáns amósanse satisfeitos con el.

    A candidata apostou “por seguir profundizando no emprego, para que  haxa máis oportunidades”, e recordou que cando o Partido Popular chegou ao Goberno, en España se destruían 1.500 postos de traballo ao día, mentres que hoxe se crean 1.500. Por iso, defendeu que “a estabilidade e o futuro de España dependen de políticas constatadas que avanzan na boa dirección, fronte aos que pensan en Venezuela e Grecia”.