O PP pide a Fomento que aclare aos veciños de Vilaboa cales son os seus plans sobre o proxecto da subestación para Adif en Bértola

Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • 1
  • 2
  • 3
  • O PP pide a Fomento que aclare aos veciños de Vilaboa cales son os seus plans sobre o proxecto da subestación para Adif en Bértola

    • Están preocupados ante a posibilidade de que o Ministerio estea valorando reactivar o proxecto da subestación que Adif plantexou para esta parroquia e que os veciños rexeitan.
    • Alberto Acuña defende a postura dos veciños, que cuestionan a necesidade desta instalación cando Adif conta na actualidade con outros puntos de subministro e, en todo caso, plantexan que o proxecto se reubique noutro lugar.

     

    Vilaboa, 17 de xaneiro de 2019.- O Partido Popular, a través da deputada nacional Pilar Rojo, pediu explicacións ao Goberno de Pedro Sánchez sobre os plans que ten para a parroquia de Bértola, en Vilaboa, ante a “hipotética reactivación do proxecto da subestación plantexada por Adif”. Concretamente, a iniciativa rexistrada na mesa do Parlamento pregunta “si o proxecto está totalmente rexeitado ou se, do contrario, esperarán a que se resolva o contencioso-administrativo no que está inmersa a autorización, ou si se estudou ou se valorará algunha outra ubicación de acordo co solicitado polos veciños”.

    Así se comprometera hai uns meses o concelleiro do PP e candidato á alcaldía, Alberto Acuña, nunha reunión que mantivo coa plataforma, coa asociación de veciños e coa comunidade de montes, á que tamén asistiron os deputados autonómicos do PP Jacobo Moreira e Alberto Pazos. Nese encontro, os veciños da parroquia de Bértola amosaron a súa “preocupación” ante a “posibilidade de que Fomento estivera valorando reactivar o proxecto da subestación que Adif plantexou para esta parroquia”, de aí que os populares plantexen esta pregunta ao Goberno central para que aclare “canto antes” cal é a situación.

    Alberto Acuña amosa o apoio do PP de Vilaboa á postura defendida polos veciños, que opinan que esta instalación é innecesaria, xa que na actualidade Adif conta con outros puntos de subministro e, en todo caso, plantexan una reubicación da estación.

Add comment


Security code
Refresh