Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

Populares de Pontevedra

  • Ana Pastor salienta que o PP é o partido do investimento, do crecemento e do emprego

    • Di que só hai dúas opcións, o Partido Popular ou un goberno de comunistas populistas, polo que pide aos moderados que concentren o voto no PP, que é o partido que ten máis posibilidades de gañar as eleccións.
    • O presidente provincial, Alfonso Rueda, explicou que o voto a Ciudadanos na provincia é un voto perdido que irá para Podemos.
    • Sinala que “España está crecendo e aínda o ten  que facer máis, comezou a recuperación e non se pode dar nin un paso atrás”.

     

    O Porriño, 23 de xuño de 2016.- A candidata do PP de Pontevedra, Ana Pastor, salientou hoxe que estas eleccións son as máis importantes, porque está en xogo o futuro de España. Por iso anima á cidadanía a acudir ás urnas para votar pola estabilidade das familias, polas oportunidades e polo futuro, e recordou que o PP é o partido do investimento, do crecemento e do emprego.

    “Só hai dúas opcións, o Partido Popular ou un goberno de comunistas populistas”, explicou a candidata, polo que pediu “aos moderados que concentren o voto no PP, porque é o partido que ten máis posibilidades de gañar as eleccións”. Nesta liña, dixo que “a alternativa a Mariano Rajoy pódese ver en Venezuela, aínda que agora se disfracen de socialdemocracia”.

    Foi durante o mitin que o PP celebrou hoxe no Porriño, ao que tamén asistiron o presidente provincial, Alfonso Rueda, o candidato Gonzalo Ordóñez e o presidente da xestora local do partido, Carlos Martínez. A candidata dixo que a prioridade absoluta do Goberno do Partido Popular foi o emprego e que hai un balance que mostrar. “”En política non hai casualidades, hai orzamentos e investimentos, os que nunca tivo Galicia ata estes catro anos, ou un millón de empregos, que son froito de reformas e do traballo de todos”, destacou.

    A candidata apostou “por seguir profundizando no emprego, para que  haxa máis oportunidades”, e recordou que cando o Partido Popular chegou ao Goberno, en España se destruían 1.500 postos de traballo ao día, mentres que hoxe se crean 1.500. Por iso, defendeu que “a estabilidade e o futuro de España dependen de políticas constatadas que avanzan na boa dirección, fronte aos que pensan en Venezuela e Grecia”.

    Nesta mesma liña, se pronunciou o presidente provincial, Alfonso Rueda, pedindo unha reflexión de como estabamos hai catro anos, e o que pasou nestes seis meses. Recordou que cando o Partido Popular entrou no goberno atopouse cun país ao borde da quebra e do rescate, e houbo que salvar a situación con reformas importantes e en moitas ocasións impopulares, pero que o tempo demostrou que foron acertadas para dar un xiro á situación. “España está crecendo, e aínda o ten que facer máis. Empezou a recuperación e non se pode dar nin un paso atrás”.

    O VOTO A CIUDADANOS, UN VOTO PERDIDO

    Rueda explicou tamén que que “o voto a Ciudadanos na provincia é un voto perdido e, sen darse conta, están concedendo deputados e senadores ás Mareas e Podemos”. Por iso, aposta por “concentrar, como fixeron eles, o voto de todas as persoas moderadas que apostan polo emprego, polo crecemento, pola seguridade, pola tranquilidade, pola certeza... ao partido que ten as únicas posibilidades de gañar e de facer fronte ao populismo”.

    O presidente provincial incidiu en que “aquí as opcións do partido de Rivera por conseguir un escano son nulas”, polo que entende que “o voto útil dos moderados en Pontevedra é o voto do Partido Popular”. Do contrario, explicou que “os votos que reciba Ciudadanos na provincia o único que vai permitir é facer a Pablo Iglesias presidente”.

    Para Alfonso Rueda, “a xogada de Podemos é clara, primeiro dinamitou a Esquerda Unida e agora o seguinte obxectivo son os socialistas”.

    O líder dos populares puxo en cuestión a fiabilidade dun partido “que din unha cousa en Cataluña e outra en Madrid; que defenden unha idea nun barrio obreiro e a contraria nun barrio acomodado, e que falan dunha forma aos parados e doutra moi diferente aos que están traballando”, pero sobre todo dun candidato que ten como referentes “a Tsipras, Maduro e Zapatero”. Isto contrasta, segundo Alfonso Rueda, co que ocorre en Galicia, “onde non din nada, porque nin están nin se lles espera”. Criticou que “do mesmo xeito que os galegos non pintan nada para Podemos, como tampouco o fai a súa sucursal de En Marea”.

    “A Pablo Iglesias moléstalle cando lle dicimos que son comunistas, porque din que agora son socialdemócratas, pero acaso non levan aos comunistas con eles?”, preguntou o presidente popular. “Os comunistas, que desapareceron en todas partes de Europa porque demostraron que eran un desastre, agora aparecen aquí, e din que como nova política”, explicou.