Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

Populares de Pontevedra

  • Ana Pastor reitera o apoio do PP ao sector agrícola, e recorda que sempre priorizaron en Bruxelas o campo galego

    A candidata popular e a ministra García Tejerina visitaron unha adega de denominación de orixe Rías Baixas no Rosal

    • A razón de traer 2.500 millóns de euros para Galicia foi grazas ás importantes negociacións en Bruxelas e que contamos nestes anos cun presidente que puxo por diante os intereses do rural.
    • Tejerina pide que valoren que partido defende os seus intereses e cal se move mellor en Bruxelas, porque o próximo goberno vai ser o encargado de negociar o orzamento da PAC a partir do ano 2021.

     

    O Rosal, 23 de xuño de 2016.- A candidata do PP ao congreso por Pontevedra, Ana Pastor, reiterou esta tarde durante a súa visita ao Rosal que este partido e o presidente do goberno sempre priorizaron en Bruxelas o campo español e o campo galego por enriba de todo. Insistiu en que “cremos no campo, e o levamos facendo moitos anos”.

    A candidata do PP de Pontevedra ao Congreso  visitou a adega Quinta de Couselo acompañada polo presidente provincial, Alfonso Rueda, pola ministra en funcións de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente, Isabel García Tejerina, e pola conselleira de Medio Rural, Ángeles Vázquez. Alí explicaron o compromiso do Partido Popular co produto galego de calidade, como o caso da denominación de orixe Rías Baixas, un sector punteiro na internacionalización da economía galega.

    Ana Pastor salientou que nesta campaña lle chamou especial atención que “ningún partido falase do emprego nin do sector agroalimentario e da riqueza que teñen os nosos produtos de denominación de orixe, especialmente os viños galegos e a presencia que teñen que ter por dereito propio no mundo”.

    A ministra García Tejerina explicou a inxección que supuxo para o sector primario galego as últimas axudas da PAC da Unión Europea, que deixaron en Galicia máis de 2.500 millóns de euros, e resaltaron o valor do emprendemento en todos os ámbitos, pero de xeito especial no medio rural.

    Neste sentido, os populares recordaron que o PP deu unha importante batalle en Bruxelas para negociar os 2.500 millóns de euros que Galicia vai recibir a través do PAC, e que son unha tranquilidade importante para as rendas dos agricultores e gandeiros. Por iso, recordan que “o PP é o partido que está a favor dos agricultores, dos gandeiros, dos pescadores... O mellor que lle pasou ao rural galego é sen lugar a dúbidas ter un goberno do Partido Popular defendendo os seus intereses en Bruxelas, cunha intensa negociación”, valorou Isabel García Tejerina.

    Ademais, a ministra en funcións chamou a atención sobre que será o próximo goberno o encargado de negociar o orzamento da PAC a partir do ano 2021, polo que convidou a que valoren que partido defende os seus intereses, que partido sabe moverse en Bruxelas e que partido sabe negociar, porque ao final a negociación é a súa tranquilidade de vida diaria durante sete anos.