O PP presenta a Martín Vázquez Chantrero como candidato á alcaldía de Ribadumia

Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • 1
  • 2
  • 3
  • O PP presenta a Martín Vázquez Chantrero como candidato á alcaldía de Ribadumia

    Ribadumia, 28 de xaneiro de 2019.- A dirección provincial do PP de Pontevedra presenta a Martín Vázquez Chantrero como candidato do Partido Popular á alcaldía de Ribadumia de cara as vindeiras eleccións municipais do 26 de maio de 2019.

    Así o confirmou o presidente provincial do PP, Alfonso Rueda, na reunión mantida esta tarde co comité executivo local. Un encontro no que destacou a capacidade de traballo do candidato para recuperar a alcaldía de Ribadumia para o PP cun proxecto novo e integrador

    Tamén mostrou a súa confianza en que poda levar a cabo a cabo unha xestión eficaz para resposta axeitada as necesidades do municipio.

    O Partido Popular, “unha marca recoñecible e con experiencia de goberno, traballará unido coa intención de gañar nas urnas presentando aos mellores candidatos”, afirmou Alfonso Rueda, reivindicando a tarefa desenvolvida durante estes anos en Ribadumia por Salomé Peña.

    PERFIL DO CANDIDATO

    Martín Vázquez Chantrero naceu no ano 1966. Dende 1988 e ata a actualidade traballa como oficial de Rexistro da Propiedade en Cambados. Entre os anos 2010 e 2014 foi vogal do consello reitor da cooperativa Condes de Albarei. Será a primeira vez que forme parte dunha candidatura electoral.

Add comment


Security code
Refresh