Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

Populares de Pontevedra

  • “Pontevedra volcouse co PP nesta campaña”

    • Jacobo Moreira destaca o apoio e o cariño amosado polos veciños na visita do presidente en funcións á nosa cidade
    • “Fixemos unha campaña en positivo, na rúa, o que permitiunos explicarlle aos veciños a aposta do PP por seguir medrando e creando emprego”
    • “Os moderados debemos unir o noso voto para facer fronte ao populismo o vindeiro 26J”

     

    Pontevedra 24, xuño, 2016.- “Primeiro, as persoas. Este foi o lema da nosa campaña e así o reflectimos nos diversos actos que fixemos ao longo deste últimos quince días”, sinalou este venres o presidente local do PP en Pontevedra, Jacobo Moreira, “unha campaña na estivemos cerca dos nosos veciños, explicándolles persoalmente a nosa aposta por seguir medrando e creando emprego, o noso primeiro obxectivo”.

    Durante estas dúas semanas, os populares “mantivemos unha constante permanencia na rúa a través das nosas carpas informativas, ás que se achegaron numerosos pontevedreses para amosar o seu apoio tanto ao noso candidato, Mariano Rajoy, como á nosa cabeza de lista, Ana Pastor”, manifestou o presidente local quen destacou “a austeridade da campaña en canto a medios materiais, pero abundante en ilusión e confianza”.

    “Tamén puidemos falar cos veciños do rural, a través de encontros veciñais nos que lles manifestamos a nosa convicción de que España precisa un goberno estable e seguro”, puntualizou Jacobo Moreira.

    “Javier Maroto, Alfonso Alonso, Valeriano Martínez, Francisco Conde ou mesmo o presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, quixeron compartir cos pontevedreses esta campaña na rúa, cos veciños. Unha campaña de proximidade que permitiunos entender e escoitar as achegas dos distintos colectivos cos que nos reunimos”, apuntou Jacobo Moreira, “unha campaña en positivo que permitiu estar preto das persoas”.

    Os populares destacan o regreso de Mariano Rajoy a Pontevedra “á súa cidade, á súa casa. Un encontro que permitiu aos pontevedreses amosarlle ao presidente en funcións o seu apoio e o seu cariño”. “Máis de 700 persoas achegáronse ata o Teatro Principal para demostrarlle que para nós é persoa moi grata”, puntualizou.

    Nesta última xornada de campaña, os populares volverán á rúa para seguir reiterando “a necesidade de unir os votos de todos os moderados, votos que permitirán facer fronte ao populismo e ao extremismo o vindeiro domingo”, sentenciou Jacobo Moreira.