NNXX lanza unha campaña en Change para pedir á Deputación que convoque este ano un plan de prácticas laboráis para 1.200 mozos da provincia

Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • 1
  • 2
  • 3
  • NNXX lanza unha campaña en Change para pedir á Deputación que convoque este ano un plan de prácticas laboráis para 1.200 mozos da provincia

    • Ana Cristina Pérez explica que “esta iniciativa nace como resposta “á pouca importancia que o Bipartito PSOE-BNG lle leva dado ao emprego xuvenil na provincia este mandato”.

     

    Pontevedra, 29 de xaneiro de 2019.- Novas Xeracións de Pontevedra lanza hoxe unha campaña na plataforma Change.org para recoller sinaturas para reclamar que a Deputación de Pontevedra convoque este ano un plan de prácticas laboráis para que 1.200 mozos da provincia accedan á súa primeira experiencia profesional en empresas e entidades da provincia. “Serían as 400 becas do ano 2019, máis as 800 que deixaron de convocar en 2017 e 2018”, explica a presidenta provincial da organización político xuvenil, Ana Cristina Pérez Cabaleiro.

    Esta iniciativa nace como resposta “á pouca importancia que o Bipartito da Deputación de Pontevedra lle leva dado ao emprego xuvenil na provincia este mandato”, sinala a popular, que critica que con este goberno PSOE-BNG 800 mozos e mozas da provincia perderon unha gran oportunidade nos últimos dous anos.

    “800 xóvenes non puidemos beneficiarnos de becas en 2017 e 2018 de acorde coa nosa formación, e ante a pasividade do Bipartito parece que tampouco será posible beneficiarnos en 2019. Esta era unha moi boa oportunidade para moitos de nós, como xa foi para os beneficiados de anos anteriores que, por certo, moitos deles conseguiron asinar un contrato laboral coas empresas ou entidades ao rematar a beca”, subliña.

    O plan de prácticas laboráis, que foi iniciativa do Partido Popular na Deputación, “deu a centos de mozos a súa primeira oportunidade para crear o seu proxecto de futuro”, dotándoos de experiencia tras rematar os estudos. Sen embargo, sinala a presidenta provincial, co cambio de Goberno o Bipartito PSOE-BNG prometeu mellorar o plan e o que fixeron foi prescindir del.

    Por iso, Cristina Pérez anima aos mozos e mozas da provincia a sumarse a esta iniciativa para reclamar “as becas que nos deben, as que deixaron sen cubrir nos últimos dous anos e sobre as que non deron ningún tipo de explicación. Os mozos e mozas da provincia merecemos máis do Goberno de Carmela Silva”.

    Enlace á campaña de change:

    http://bit.ly/PlanPracticas1200prazas

Add comment


Security code
Refresh