O éxito de “Rodea o Concello” deixa claro que só hai 2 opcións para o futuro de Poio: o continuismo de Sobral ou o cambio a mellor que representa Ángel Moldes

Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • 1
  • 2
  • 3
  • O éxito de “Rodea o Concello” deixa claro que só hai 2 opcións para o futuro de Poio: o continuismo de Sobral ou o cambio a mellor que representa Ángel Moldes

     «Nas vindeiras eleccións, quen vote polo BNG de Poio estará votando por seguir pagando os impostos máis altos de Galicia, seguir sen depuradora, sen auga, sen saneamento...», explican os populares.

    Recordan que ao PP non lle fan falta «24 anos de mentiras e promesas caducadas como a Sobral», senón 4 anos para baixar os impostos e mellorar xa a vida dos veciños, «e se non cumprimos en 4 anos, marchamos para casa».

    O PP lamenta que Sobral volva faltarlle o respecto aos veciños insinuando que pagan pouco mentres lles cobra algúns dos impostos máis caros da provincia e miles de veciños carecen de servizos básicos, equipamentos e infraestruturas.

    Os populares lamentan «o nervosismo de Sobral ante a mobilización cidadá» que este luns o levou a intentar desprestixiar o acto con mentiras sobre a participación: Se a estas alturas non coñece as medidas do Concello, «mal vamos».

     

    Poio, 29 de xaneiro de 2019. O voceiro do PP de Poio Ángel Moldes subliñou este martes que o éxito do acto cívico “Rodea o Concello” demostra que nas vindeiras eleccións municipais de maio «só hai dúas opcións para o futuro de Poio: o continuismo de Sobral ou o cambio que representa un goberno do Partido Popular».

    «Nas vindeiras eleccións, quen vote polo BNG de Poio estará votando por seguir pagando os impostos máis altos de Galicia, seguir sen depuradora, sen auga, sen saneamento...», explicou Moldes, que subliñou que Sobral deixou claro que non pensa baixar os impostos, «e o que non fixo en 24 anos está claro que non o vai facer».

    Para Moldes, «votar Sobral nas próximas eleccións equivale a votar as mesmas promesas caducadas que incumpre sistemáticamente, un alcalde incapaz de facer a piscina ou o pavillón que prometeu, os viais que di que quere facer, incapaz de ubicar a depuradora á que está obrigado, incapaz de sacar adiante o PXOM, incapaz de dar uns servizos básicos... e incapaz de axudar ás familias baixando os impostos ou dándolle facilidades aos veciños que peor o están pasando».

    O voceiro popular reprochou ademais unhas declaracións de Luciano Sobral posteriores ao acto, cando “nervoso polo éxito da cadea humana”, volveu faltarlle o respecto aos veciños insinuando que non hai xustificación para pedir unha baixada de impostos e que se paga pouco, recordando que os veciños de Poio pagan entre outros, a taxa de recollida do lixo máis alta da provincia e probablemente de Galicia, por un ou dous días de recollida en moitos casos, no marco dun contrato pragado de incumprimentos; a taxa de vaos máis alta da provincia, o recibo da auga máis caro que outros concellos da contorna pese a que se compra no mesmo sitio; ou un tipo de IBI que, ao contrario que a maioría de concellos da contorna, non se rebaixou nin ten ningún tipo de bonificacións, malia ao aumento da recadación do 25% do pasado exercicio.

    Para o PP, esta postura é incomprensible por parte dun alcalde que ao longo de 24 anos foi incapaz de proporcionar servizos, infraestruturas e equipamentos a milleiros de veciños de máis dunha decena de núcleos e multitude de lugares dispersos que continúan sen auga corrente, saneamento ou depuración de auga, incluídas dúas parroquias enteiras, así como a falta de infraestruturas esenciais como depuradora, e outros equipamentos municipais que desfrutan concellos de moito menor tamaño, como piscina, auditorio, e outras dotacións deportivas, culturais...

    «É tal a falta de respecto cara aos veciños que intenta vender unha suposta “conxelación” dalgunhas taxas como se fose algo bo», ironizou Moldes, recordando que se despois de varios anos “conxelado”, o recibo da basura é o máis alto de Galicia por un servizo de segunda, non é algo positivo: «O que é é unha tomadura de pelo».

    Moldes lamentou a incapacidade de Sobral para escoitar á xente e aos colectivos, que se mobilizaron ao longo deste mandato de forma extraordinaria, con actos masivos pedindo a rebaixa de impostos, a mellora de servizos, a ubicación da depuradora, a rectificación do regulamento do cemiterio... «ante o constante menosprezo e a falta de sensibilidade de Sobral, que xa nos gustaría que imitase a algún dos seus compañeiros de partido que gobernan outros concellos e que si reduciron os impostos».

    Moldes criticou ademais que o nervosismo de Sobral ante o éxito do acto do domingo, que conseguiu sobradamente o seu obxectivo de rodear o concello, intentando desprestixiar aos manifestantes falseando as cifras de participación: «É lamentable ter que intentar desprestixiar unha manifestación dicindo que había 150 persoas» cando con ese número de xente apenas se pode rodear concello, «xa non digamos chegar folgadamente ata o cruceiro e a explanada, como chegamos o domingo», lamentou Moldes, que recordou que despois de catro décadas asistindo aos plenos como concelleiro e 24 anos no despacho do alcalde, Sobral debería coñecer máis ou menos as dimensións da fachada da casa consistorial: «Se a estas alturas non lle ten collidas as medidas ao edificio, mal vamos».

    En calquera caso, Moldes ironizou que en calquera caso, se o alcalde está sinceramente contento co resultado da manifestación, «está claro que o acto conseguir traer a felicidade ao municipio, pois se o BNG está contento, o PP de Poio moito máis».

    Finalmente, Moldes quixo deixar atrás as mentiras, as faltas de respecto e o nervosismo de Sobral e insistiu na principal consecuencia do éxito da cadea humana do domingo e as posteriores reaccións do goberno local: «En maio a xente vai poder votar por seguir con Luciano Sobral, cos impostos máis caros e os peores servizos, por continuar con 24 anos de mentiras e promesas incumpridas, ou por un cambio a mellor que representa un goberno do PP, con impostos máis baixos, mellores servizos, e unha serie de medidas desde o minuto un para axudar aos veciños e ás veciñas de Poio».

    Moldes lembrou as medidas que o PP pensa levar a cabo, algunhas nos 3 primeiros meses de mandato, para baixar a presión fiscal e mellorar a vida das familias, como a baixada do IBI, a aplicación de bonificacións, a revisión de varios dos recibos e impostos que pagan os veciños e mesmo a eliminación dalgunha taxa, e recordou que o PP non necesita dúas décadas para levar a cabo as súas promesas, senón que só pide confianza para demostrar que en 4 anos, desde o primeiro día, se pode baixar os impostos, garantir servizos, mellorar a vida das familias e cumprir os compromisos: «E se en 4 anos non cumprimos, marchamos para casa»

Add comment


Security code
Refresh