O PP de Poio traslada as queixas dos veciños polas obras de saneamento no Camiño do Loureiro, en Cidrás: «O tempo deunos a razón. É unha chapuza que sae moi cara»

Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • 1
  • 2
  • 3
  • O PP de Poio traslada as queixas dos veciños polas obras de saneamento no Camiño do Loureiro, en Cidrás: «O tempo deunos a razón. É unha chapuza que sae moi cara»

    • Trasladan a preocupación dos veciños por unhas obras que non avanzan, que se irán do orzamento, e que pese a súa complexidade, con excavacións de máis de 5 m, non garanten nin o servizo a todos os veciños e deixan a posibilidade de problemas de cheiros e doutro tipo.
    • Os populares xa advertiron ao principio das obras que a opción escollida por BNG e PSOE chegaba tarde, era a máis cara, a peor tecnicamente e deixaba fóra ao 90% dos veciños, ao transcorrer pola parte de diante das casas.
    • Tucho Muíños recorda que os incumprimentos de Luciano Sobral provocaron o abandono da opción máis idónea, que incluía máis casas con menos gasto e daba máis futuro a Combarro.

     

    Poio, 30 de xaneiro de 2019. O voceiro do PP de Poio para a parroquia de Combarro, Tucho Muíños, trasladou este mércores as queixas de veciños do Camiño do Loureiro, en Cidrás, polos problemas problemas que están a afectar ás obras de saneamento neste núcleo, e recordou que xa advertiu en novembro do ano pasado que o plantexamento escollido polo goberno de Luciano Sobral para estas obras era «a peor opción posible».

    Muíños explicou que os operarios están atopando moitísimas dificultades para intentar levar a práctica a opción escollida por BNG e PSOE, ata o punto de que se están facendo excavacións de máis de cinco metros sen que isto sirva para solucionar definitivamente os problemas. Para Muíños, o estado actual das obras, «que non avanzan e continúan causando trastornos aos veciños, nin sequera garantizan un bo servizo e ademais van saírse do orzamento» confirman aquelas denuncias, polo que, a xuizo do edil, o tempo «deu a razón» ao Partido Popular e está demostrando que esta obra é unha chapuza do Bipartito que sae moi cara.

    O concelleiro popular explicou que nin os veciños nin o PP culpan dos problemas aos operarios ou á empresa encargada das obras, senón ao feito de que o goberno de Luciano Sobral escolleu a peor opción das posibles para dotar de saneamento á zona, cun orzamento de 167.000 euros que probablemente se verá superado e que, como advertiron os populares ao inicio das obras foi «a peor, a máis cara e a que dá servizo a menos persoas»

    Muíños trasladou a preocupación dos veciños polos problemas a longo prazo que poden traer estas obras, cuns traballos nos que as máquinas «xa baixaron máis de 5 metros» para intentar conectar coa rede de saneamento «sen que iso garanta que ao final haxa unha caída dabondo como para evitar os problemas que cheiros que xa hai noutras zonas de Poio polo mesmo motivo».

    Ademais, os veciños están molestos porque a prolongación e a complicación dos traballos provocan que a estrada siga cortada e teñen que dar unhas voltas considerables para chegar ás súas casas, e as dilacións na obra implicarán, con toda probabilidade, que a obra sobrepase os 167.000 € orzamentados, unha cantidade moi superior aos 25.000 euros que custaba orixinalmente a obra, co plantexamento preferido polos veciños.

    Pero o principal problema segue a ser que, en caso de saír adiante, máis tarde e con máis problemas, o servizo deixará fóra ao 90% dos veciños, como denunciou no seu momento o PP. Como explicou Muíños en novembro, o feito de que a obra se estea realizando pola parte de arriba das vivendas, en lugar de pola parte de atrás, so permitirá no mellor dos casos o enganche directo de dúas vivendas, obrigando ao resto a facer un desembolso extra para poder ter servizo, o que unido aos problemas actuais, confirma que a obra é «de principio a fin unha chapuza de BNG e PSOE, resultado das mentiras e o mal facer de Luciano Sobral».

    A OPCIÓN ORIXINALMENTE ESCOLLIDA POLOS VECIÑOS ERA MÁIS ECONÓMICA E EFICAZ, E NON SE FIXO POR VONTADE DE SOBRAL

    O propio Tucho Muíños advertiu durante unha visita ás obras recén comezadas, en novembro de 2018, que a opción escollida finalmente por BNG e PSOE era a peor, a máis cara e a que dá servizo a menos persoas, e que era técnicamente menos factible que a orixinal preferida polos veciños e que non se chegou a levar a cabo polos incumprimentos de Luciano Sobral.

    Muíños recordou entón que hai uns anos os propios veciños conseguiron unha subvención da anterior Deputación de 18.000 euros do Plan de Acción Comunitaria (PAC), que cubría a maior parte dos 25.000 euros totais que custaría poñer saneamento neste núcleo e propuxeron un proxecto pola parte de abaixo das casas, algo que por outro lado suporía o acondicionamento do camiño grazas ás xestións dos residentes, que tamén cedían o solo necesario.

    Aquela obra tiña varias vantaxes, a primeira de todas o reducido custe, de só 25.000 euros. Ademais ao transcorrer pola parte de abaixo das casas, o saneamento faríase por gravidade e se daría servizo a todas as casas de forma moito más eficaz e económica que a elixida. Por outro lado, a actuación proposta polos veciños naquel momento era «a que daba máis futuro a Combarro», xa que ao proporcionar un enganche na zona con maiores posibilidades de crecemento, e acondicionar o camiño daba a posibilidade de urbanizar esa área no vindeiro plan xeral.

    Pero despois das xestións mencionadas, Luciano Sobral faltou á súa palabra e os veciños do Camiño de Loureiro perderon aquela subvención, todos os seus esforzos, e varios anos que podían ter desfrutado de saneamento, ata que en novembro pasado o Bipartito escolleu a peor opción, cun presuposto 7 veces superior ao orixinal, e que índa por riba obriga á maioría dos veciños a facer un desembolso para ter servizo e que presentaba unhas evidentes dificultades técnicas para a súa realización das que advertiu o Partido Popular e que hoxe, á vista da falta de avances e dos problemas inmediatos que está a producir e das posibles consecuencias no futuro, «está claro que tiñamos razón e que BNG e PSOE escolleron facer unha chapuza que aínda por riba sae cara».

Add comment


Security code
Refresh