O PP de Catoira critica que o Concello “siga a incumprir as súas promesas” e deixe aos veciños de Dimo sen beirarrúas

Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • 1
  • 2
  • 3
  • O PP de Catoira critica que o Concello “siga a incumprir as súas promesas” e deixe aos veciños de Dimo sen beirarrúas

    • Os populares comprométense a executar esta obra, ao igual que en Catoira de Arriba, no caso de chegar ao goberno municipal

     

    Catoira, 31 de xaneiro de 2019.- O Partido Popular de Catoira critica que o Concello, gobernado polo socialista Alberto García, “siga a incumprir as súas promesas”. Neste caso cos veciños de Dimo, que levan 30 anos á espera de ter beirarrúas na estrada de titularidade provincial que cruza a parroquia

    Os populares denuncian que as beirarrúas seguen sen chegar pese a  que os propios veciños estarían dispostos a facilitar os terreos se é preciso, mentres o alcalde bótalles a culpa xa que, según dí, non se poñen de acordo.

    Un criterio que non comparte o PP de Catoira, que coñeceu de primeira man a necesidade de executar esta obra, pois os viandantes vense na obriga en moitos casos de circular polo arcén, e incluso de invadir a estrada co perigo que conleva.

    Por todo eso, o PP de Catoira, que ve un goberno local “esgotado e falto de ilusión”, esixe as beirarrúas para os veciños de Dimo e comprométese con eles, ao igual que no caso de Catoira de Arriba, a levalas adiante se chega ao Concello.

Add comment


Security code
Refresh