Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

Populares de Pontevedra

  • Ana Pastor: “Rajoy tivo dúas obsesións, o emprego e Galicia, e por iso houbo máis investimentos que nunca”

    • Recorda que cando o PP goberna “sempre recibimos o país na quebra, e agora que as cousas empezan a ir ben non podemos permitirnos que veñan os extremistas a gastar o diñeiro que aforramos entre todos”.
    • Alfonso Rueda apunta que “necesitamos unha vitoria contundente para dicirlles aos que están esperando á porta para volver ao século XIX que non queremos ese modelo baixo ningún concepto, o temos claro e non nos van enganar”.

     

    Mos, 24 de xuño de 2016.- A candidata do PP de Pontevedra ao Congreso, Ana Pastor, recordou hoxe que nestes catro anos Mariano Rajoy tivo dúas obsesións, “unha foi o emprego, e a outra, Galicia, Galicia e Galicia, e por iso nesta comunidade houbo máis investimentos que nunca”. A número un da candidatura recordou hoxe que nestes catro anos do goberno do Partido Popular en Galicia e na provincia se melloraron infraestruturas, como por exemplo o tren de alta velocidade de Vigo á Coruña, ou garantiuse que a chegada do Ave vaia ser unha realidade en 2018.

    Foi durante a comida-mitin que se celebrou este mediodía en Mos, á que tamén asistiron o presidente do PP de Galicia, Alberto Núñez Feijoo, o presidente provincial, Alfonso Rueda, e a alcaldesa e vicepresidenta provincial do partido, Nidia Arévalo. Ana Pastor destacou que “fixemos unha aposta irrenunciable polos investimentos produtivos, que son os que maior retorno social e económico teñen, en termos de vertebración, de cohesión e xeración de emprego”. Así, dixo que “onde antes había promesas, hoxe hai realidades tanxibles”.

    Sobre a outra gran preocupación do goberno do PP nestes catro anos, o emprego, a candidata comparou que mentres en 2011 cos socialistas se destruían 1.500 empregos diarios, hoxe se crean 1.500, e puxo en valor que o gran compromiso dos populares é crear dous millóns de empregos máis nos próximos catro anos.

    “Temos o aval do que fixemos ata agora”, sinalou a número un pola provincia, e recordou que “os populares cando gobernamos sempre recibimos o país na quebra, nunca nolo poñen fácil. E agora que as cousas empezan a ir ben, non podemos permitirnos que veñan os señores de Podemos, os extremistas, a gastar o diñeiro que aforramos entre todos os españois”.

    ELIXIR ENTRE DOUS MODELOS

    Foi o presidente provincial, Alfonso Rueda, quen recordou que a cita deste domingo nas urnas “vai de todo o que nos importa. Vai de elixir o modelo de sociedade que queremos, de futuro, de emprego, que sigue sendo a obsesión do Partido Popular, e tamén vai de que a economía mellore para que todos melloremos”.

    Alfonso Rueda explicou que hai dous modelos, por un lado o de Mariano Rajoy e do Partido Popular, e por outro o modelo do populismo. “Hai que elixir entre moderados ou morados, e os moderados é o que a xente quere, é a sensatez, é o que fai falta na política”, sinalou, ao tempo que convidou a que todas as persoas moderadas exerzan o seu voto útil ao Partido Popular, “xa que esta unión evitará experimentos populistas co emprego, coas pensións ou co estado de benestar”.

    “Con todos os fallos que puidemos cometer, creo que se fixo un esforzo fundamental”, defendeu o presidente provincial, que animou a comparar como estaba España en 2011 e como está agora. Referente ao outro modelo, “o do populismo”, salientou que “está por ensaiar en España, pero non lle vamos a deixar”. Recordou que xa o probaron en Venezuela e en Grecia, “e aínda que en España non era comunista, si tivemos a experiencia de Zapatero que segundo Pablo Iglesias foi o mellor presidente de España”.

    Neste sentido, criticou que mentres Podemos consulta a Zapatero, os socialistas intentan escondelo e acoden ás “vellas glorias” para facer campaña na provincia, e cuestionou que sexa Alfonso Guerra “quen vaia a pedir o voto polo cambio”.

    Alfonso Rueda salientou que o domingo “non vale con gañar, porque xa gañamos en decembro e estamos votando outra vez”. Dixo que “ten que haber unha vitoria contundente, que non deixe lugar a dúbidas, e que lle diga a Mariano Rajoy que o apoiamos en Mos, o apoiamos na provincia, e o apoiamos en toda España”. Pero tamén, unha vitoria contundente do Partido Popular para dicirlle “a estes que están esperando á porta para volver ao século XIX e impoñernos modelos que alí onde foron experimentados non os queren, que nós tampouco queremos este modelo baixo ningún concepto, o temos claro e non nos van enganar”.

    CUMPRIUSE CON MOS

    Durante a súa intervención, Ana Pastor asegurou que “o máis importante en política é preocuparse polos problemas da xente” e puxo en valor as melloras que o Ministerio de Fomento está executando en Mos e que permiten ofrecer unha solución a un problema que os veciños de San Elouteiro viñan plantexando desde había décadas. “Outros non se dignaban a escoitar o que quería Mos, incluso querían pasarlle unha autovía polo centro e destruílo, pero nós non. Nós fixemos o posible por solucionar os problemas de San Elouteiro e de Tameiga, nós tivemos un compromiso e cumprimos”.