Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

Populares de Pontevedra

  • O PP de Sanxenxo celebra o próximo 17 de xullo o V congreso local

    O PP de Pontevedra comeza a renovación das súas xuntas locais

    • Poderá presentar candidatura calquera dos máis de 600 afiliados do PP de Sanxenxo.
    • Os requisitos para optar á presidencia son figurar inscritos no censo de afiliados e acompañar a candidatura con un mínimo de 100 avais.

     

    Pontevedra, 27 de xuño de 2016.- Un día despois da celebración das eleccións xerais o PP de Pontevedra comeza a renovación da súas xuntas locais, tal e como xa apuntara o presidente provincial, Alfonso Rueda.

    Así, a dirección provincial do PP de Pontevedra dá luz verde á celebración do V congreso local de Sanxenxo que se celebrará o próximo 17 de xullo.

    Poderán presentarse como candidatos calquera dos máis de 600 afiliados do PP de Sanxenxo que cumpran os requisitos marcados nos Estatutos do Congreso e terán que acompañar a candidatura con un mínimo de 100 avais antes do 15 de xullo.

    Tanto para optar á presidencia do partido como para poder avalar ou votar no Congreso será necesario, de acordo co que sinalan os Estatutos do partido, figurar inscrito no censo existente na sede local, onde ademais, se porá a disposición de todos os afiliados para a súa consulta o Regulamento do Congreso.

    Nomearase ademais unha Comisión Organizadora que será a responsable do impulso e coordinación do cónclave.