O PP de Pontevedra ponse en marcha cara ás vindieras eleccións cunha reunión dos candidatos ás Alcaldías da provincia

Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • 1
  • 2
  • 3
  • O PP de Pontevedra ponse en marcha cara ás vindieras eleccións cunha reunión dos candidatos ás Alcaldías da provincia

     

    Pontevedra, 18 de febreiro de 2019.- O PP de Pontevedra reuniu hoxe na súa sede aos candidatos ás Alcaldías da provincia no que supuxo o punto de partida cara os procesos electorais do 28 de abril e do 26 de maio. Un encontro que serviu para planificar e coordinar as estratexias tendo en conta ás peculiaridades de cada concello e que estivo encabezado polo presidente provincial do partido, Alfonso Rueda.

    Estas dúas citas consecutivas suporán “traballar o dobre”, recoñeceu Rueda, que se mostrou convencido de que a implicación e o compromiso de todos os candidatos da provincia levarán o PP a gañar primeiro os comicios xerais e posteriormente os municipais.

    O presidente provincial destacou a “capacidade de xestión “eficaz” dos candidatos do PP, a súa cercanía aos veciños e o seu fondo coñecemento de todos os seus concellos. Son candidatos “gañadores”, dixo, que saberán dar solucións desde o primeiro día.

    Rueda puxo en valor a “valentía” de todos por dar un paso adiante para tentar mellorar a vida dos seus veciños e sobre a reunión de hoxe destacou a súa conveniencia para poñerse a traballar “desde o minuto cero” en obter uns magníficos resultados. “Polo PP de Pontevedra non vai quedar”, finalizou.

Add comment


Security code
Refresh