Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

Populares de Pontevedra

  • O PP de Silleda cre que “o nerviosismo do alcalde non parece anticipar nada bo”

    •  O misterio que se trae o alcalde con este asunto o que fai desconfiar, pois se dera a cara desde o primeiro momento non habería que preguntarlle nada.
    • “O alcalde estará involucrado ou non polas decisións que puidera haber tomado, non polas preguntas que lle poida facer o PP de Silleda sobre esta cuestión”, subliña Espiño.
    • “Agora, vistos os resultados das eleccións, quizais o que lle interesaba ao alcalde era que os silledenses non votasen”.

     

    Silleda, 28 de xuño de 2016.- O portavoz do grupo municipal do Partido Popular de Silleda, José Luis Espiño, lamenta a actitude do alcalde co conflito do Secretario municipal, “tratando de escusarse nos medios de comunicación en lugar de responder ás preguntas formuladas pola oposición”, das que os populares aínda non recibiron contestación.

    Espiño considera que “é unha falta de respecto pero non só ao Grupo do Partido Popular, é unha falta de respecto a todos os veciños de Silleda, que o alcalde se negue a dar a información solicitada e ademais se escude en que é un tribunal o que ten que decidir a cuestión”.

    Os populares consideran que é “o misterio que se trae o alcalde con este asunto o que fai desconfiar, pois se dera a cara desde o primeiro momento, no pleno ou convocando unha xunta de portavoces para explicar o ocorrido e a situación na que se atopa o concello, así como explicar que decisión xa adopatadas se puideran ver afectadas, non habería que preguntarlle nada”.

    “Entendemos que o máis cómodo para o alcalde sería que o Partido Popular quedara calado, e sabendo cal é o seu talante sabemos que non é cómodo para el someterse ao control da oposición, pero por responsabilidade e porque é un dereito democrático preguntamos co fin de defender os intereses de todos os veciños, e xa o advertimos de que non imos a deixar de exercer un control desde a oposición por moito que lle moleste ao señor alcalde”.

    “Isto non e unha cuestión de bandos como pretende facer crer o señor Cuíña, trátase dunha cuestión de legalidade e de ver que foi o que pasou, para intentar solucionar un problema que afecta a todos os silledenses e pedirlle explicacións a quen as teña que dar. O que non vai facer o PP por responsabilidade, e tomar posición sen saber que e o que aconteceu, e sen ter toda a información, se ben o nerviosismo do Alcalde non parece anticipar nada bo”, salientou o portavoz dos populares en Silleda.

    En canto a suposta intervención da Dirección Xeral na redacción das preguntas remitidas polo grupo municipal do Partido Popular de Silleda a fin de tomar coñecemento do ocorrido no concello, o portavoz dos populares afirmou que “seguramente para o señor Cuíña é algo novidoso que a xente tome decisións sen ter terceiras persoas detrás dicíndolle que teñen que facer, pero non é o caso do PP de Silleda, non todos necesitamos consellos como lle pode pasar ao propio alcalde”.

    Espiño di que “se alguén fixo un uso partidista deste tema, foi o propio alcalde que pretendeu tapar este asunto desacreditando  ao PP na prensa o mesmo día das eleccións, intentando influír de forma mesquiña no ánimo dos silledenses e de paso intentando tapar a súa propia incompetencia”.

    “O alcalde estará involucrado ou non polas decisións que puidera haber tomado, non polas preguntas que lle poida facer o PP de Silleda sobre esta cuestión”, subliña Espiño.

    “Está claro que está nervioso e que non é unha situación cómoda para o alcalde, pero a actitude que tomou atacando ao Partido Popular por preguntar non augura nada bo”.

    O que toma decisións en contra dos intereses dos veciños é o señor Cuíña que aínda sendo coñecedor da incidencia xurdida co pleno das mesas electorais, preferiu marchar de viaxe a Andalucía a facer méritos persoais, antes que garantir que os silledenses acudisen as urnas.

    “Agora, vistos os resultados das eleccións, quizais o que lle interesaba ao alcalde era que os silledenses non votasen”, conclúe Espiño.