Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

Populares de Pontevedra

  • Jacobo Moreira: “A sinatura do pacto ambiental marca a folla de ruta que vimos esixindo dende marzo de 2015”

    “Se Ence gaña, Pontevedra ten que gañar. Onte comezaron os pasos para que as demandas que, dende o PP de Pontevedra vimos reclamando, sexan unha realidade”, sinalou o portavoz popular,

    • Para o portavoz popular “a recuperación da Ría é o primeiro paso esencial” e pide a Lores e ao BNG que se sumen a este compromiso
    • Jacobo Moreira celebra que a planta de biomasa se instale en Lourizán, xa que permitirá xerar emprego e loitar contra o principal problema do noso municipio

     

    Pontevedra 29, xuño, 2016.- O portavoz popular no Concello de Pontevedra, Jacobo Moreira, amosou este mércores a súa satisfacción tras a sinatura do pacto ambiental entre Ence e a Xunta de Galicia. “Un compromiso que marca a folla de ruta que dende marzo de 2015 vimos esixindo á empresa”, destacou o edil popular, “máis emprego e que este sexa de calidade, máxima esixencia medioambiental e maior implicación con Pontevedra”, lembrou. “Se Ence gaña, Pontevedra ten que gañar, e onte comezaron os pasos para que as demandas que, dende o Partido Popular de Pontevedra vimos reclamando, sexan unha realidade”, manifestou Jacobo Moreira.

    O portavoz dos populares lembra que “o primeiro paso para a recuperación da Ría de Pontevedra é esencial”, polo que considera necesario que “o BNG e Lores se sumen a este compromiso e deixen de botar balóns fóra, pois os nacionalistas deben asumir as súas responsabilidades e traballar conxuntamente para lograr que o saneamento integral da Ría sexa unha realidade, non como o que anunciou o Alcalde hai dez anos co famoso 'Puro Lérez'”.

    PLANTA BIOMASA

    “A instalación da planta de biomasa en Lourizán é sen dúbida unha importante noticia para o factor emprego no noso municipio”, resaltou Jacobo Moreira, quen lembrou que “esta inversión é probablemente unha das máis grandes que haxa coñecido a cidade en democracia, e que supoñerá a xeración de numerosos postos de traballo, non só na fábrica senón tamén durante a súa construción”.

    CAMPO DE FÚTBOL EN LOURIZÁN

    O edil popular celebra tamén o compromiso de Ence para a construción dun campo de fútbol en Lourizán, “o derribo do campo de fútbol é o único logro acadado por Lores despois de dezaseis anos preiteando contra Ence, e xa que o BNG non dá ningún paso para resolverlle este problema aos veciños de Lourizán, o compromiso de Ence faise máis que necesario”, apuntou Jacobo Moreira, “ata agora os mozos de San Andrés de Lourizán teñen que desprazarse a outros municipios para poder adestrar e xogar, polo que resultará moi beneficioso que nun futuro próximo, gracias á empresa, poidan  realizar estas actividades no seu propio municipio”, sentenciou.