Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

Populares de Pontevedra

  • Alfonso Rueda agradece o apoio maioritario do voto CERA ao Partido Popular na provincia de Pontevedra

    • Os populares recibiron case o 45% dos votos cun total de 2.190, a preto de 1.100 votos de diferenza de En Marea.

     

    Pontevedra, 29 de xuño 2016.-  O presidente do PP de Pontevedra, Alfonso Rueda, agradeceu hoxe o apoio maioritario do pontevedreses residentes no exterior dos que case un 45% votaron ao Partido Popular.

    Esta tarde realizouse o reconto do voto Cera, o número total de votantes foron 4.906, e deles 2.190 foron para o PP, que se situou así a 1.063 votos da segunda forza, o PSOE é para os residentes no exterior tamén a terceira forza, pois recibiu un total 800 votos, En Marea, recibiu 1.127 votos, Ciudadanos, 397 e o BNG 111.  

    Con respecto ás eleccións de decembro, o PP experimentou unha subida do 5,59% e 791 votos, fronte á baixada do PSOE, BNG e Ciudadanos. Desta maneira, o total de votos para o Partido Popular na provincia de Pontevedra foron 208.921 votos.

    “A victoria do PP na provincia é incontestable, recibindo un apoio maioritario dos cidadáns que residen tanto dentro como fóra de Pontevedra e demostran que non queren aventuras nin experimentos e que apostan de forma contundente polo proxecto e a estabilidade que ofrece o noso partido”, sinalou o presidente provincial.