Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

Populares de Pontevedra

  • O PARTIDO POPULAR PÍDELLE AO BIPARTITO PROVINCIAL MÁIS ACCIÓN DE GOBERNO E MENOS PROPAGANDA

    Ante as declaracións feitas polo presidente en funcións da Deputación, César Mosquera,  sobre a tramitación de expedientes na época de Louzán

    • Din que a única verdade que dixo hoxe César Mosquera é que na época do goberno do PP facíanse multitude de proxectos na provincia.
    • “Estamos a punto de cumprir un ano de goberno sen que se houbese licitado nin sequera unha obra, e as que deixou licitadas o PP na súa última etapa, están paralizadas”, denuncia Ángel Moldes.

     

    Pontevedra, 1 de xullo de 2016.- O grupo provincial do Partido Popular sinala que a única verdade que dixo o presidente en funcións da Deputación de Pontevedra, César Mosquera, esta mañá con respecto aos expedientes de licitación de obras é que na época do goberno do PP facíanse multitude de proxectos na provincia.

    Ángel Moldes, voceiro dos populares, lamenta que os gobernantes agora se escuden nos funcionarios da institución provincial para xustificar a súa ineficacia e falta de iniciativa para sacar proxectos e obras adiante. “Estamos a punto de cumprir un ano de goberno bipartito sen que se houbese licitado nin sequera unha obra, e respecto ás que deixou licitadas o PP na su última etapa, están todas paralizadas”, denuncia o popular.

    Recordan, ademais, que o proxecto da rolda Este no Concello de Pontevedra, entre o Marco e San Mauro, “deixouse adxudicado e listo para iniciar os traballos con todas as da lei, tal e como verificaron cos seus informes os técnicos da institución”. Ángel Moldes pide ao presidente en funcións “que cambie xa o seu discurso político por accións de goberno que signifiquen anuncios de obras ou de melloras nos nosos concellos”.

    Neste sentido o PP recoméndalle ao bipartito que se deixen aconsellar, máis do que veñen facendo, polos técnicos provinciais xa que son grandes profesionais. “Cuestionan día si e día tamén o grandísimo equipo de funcionarios existentes na Deputación, coma hoxe, que os culpan de deficencias nos expedientes, deficencias que non existen”, sinala o voceiro.

    O Partido Popular recorda que nun expediente similar que está executándose na Cañiza, “variante na ponte de achas”, un veciño denunciou á Deputación pola falta do estudo de impacto ambiental, resolvendo o xulgado contencioso-administrativo a favor da institución provincial.

    Segundo os populares o discurso que mantén o bipartito na Deputación, de cuestionar o traballo do anterior equipo de goberno e dos funcionarios, ten como único obxetivo tratar de crear unha cortina de fume que tape a súa falta de acción de goberno, especialmente na área de Infraestruturas. “Un cambio que si é apreciable na nova Deputación é a parálise no departamento de Infraestruturas, consecuencia de ter aos funcionarios relegados, e políticos xogando a ser técnicos”, di Angel Moldes.