Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

Populares de Pontevedra

  • Alfonso Rueda: “A opción do PP para Galicia tamén é a estabilidade”.

    Luns, 4 de Xullo de 201674.- Este luns reuniuse a Xunta Directiva do PP Pontevedra a fin de estudar pormenorizadamente os resultados do Partido Popular na provincia o #26J e preparar as eleccións ó Parlamento de Galicia que terán lugar en outono.
    En relación ó resultado do pasado domingo, o noso presidente Alfonso Rueda Valenzuela foi moi claro: «Fomos a primeira forza en 58 dos 62 concellos da provincia, gañamos nas cidades e subimos en porcentaxe de voto nos 62 municipios», explicou, «por tanto foi un bo resultado».
    O presidente dixo que, ainda así, «non nos conformamos», polo que a reunión da Xunta Directiva de hoxe servirá tamén para analizar «onde melloramos e por que, e onde podemos ter ainda marxe de crecemento, sobre todo pensando nas autonómicas».
    En relación ás eleccións ó Parlamento de Galicia previstas para este outono, o noso presidente afirmou que «o noso obxectivo nas autonómicas é a maioría absoluta».
    Para Rueda, a xente votou ó Partido Popular nestas eleccións, entre outras cousas, pola estabilidade, e indicou que “moita xente decidiu que non quería aventuras das que outros estaban propoñendo», subliñando que para Galicia a opción do PP «tamén é a da estabilidade».
    «Queremos falar dun goberno que cumpriu moitas cousas pero ó que ainda lle quedan moitas cousas por facer e queremos que a próxima lexislatura do presidente Feijóo sexa de estabilidade», explicou o noso presidente acompañado polo propio presidente Feijóo, que participou na Xunta Directiva: «Sabemos que vai ser necesario gañar, e gañar cunha vantaxe superior da que obtivemos nas eleccións xerais».