Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

Populares de Pontevedra

  • MOREIRA ACONSELLA A LORES QUE DEIXE DE FACER O RIDÍCULO ANTE O TRIBUNAL SUPREMO

    Tras o novo pau xudicial que desestima a pretensión do goberno local de anular a prórroga da A.A.I.I.

    •  As sentenzas están para acatalas, non para terxiversalas. Se o BNG non é capaz de interpretar unha sentenza, é difícil que consiga interpretar o resultado electoral do 26J.
    • Jacobo Moreira pide a Lores que se una ao PP e á Xunta para esixir a Ence compromisos, investimentos emprego para Pontevedra.
    • Visita Leiceaga ao Concello. “Non o deben querer na Deputación presidida por unha viguesa que tivo que buscar refuxio no Concello de Pontevedra” 

     

    Pontevedra 5, xullo, 2016.-  O Partido Popular considera lamentable e vergoñoso que o goberno local continúe acudindo aos tribunais para impugnar unha autorización ambiental integrada que outorgou o BNG co Psoe cando dirixían a Xunta de Galicia, no ano 2008. “Lores debería deixar de encerellarse con preitos inútiles que nos custan diñeiro a todos, e que encima deixan en ridículo ao goberno local ata o punto de que o Tribunal Supremo dálle un tirón de orellas por terxiversar sentenzas. As sentenzas están para acatalas, non para terxiversalas”, sinalou Moreira.

    “Con todos estes preitos, o único que conseguiu Lores nestes 17 anos foi deixar aos veciños de Lourizán sen o seu campo de fútbol, mentres que a fábrica segue aí. Parece que non aprendeu e que a obstinación advertida polo Tribunal Supremo continúa, pois no Pleno do venres pasado acordouse, co voto en contra do PP, iniciar outro novo preito”, engadiu o Portavoz Popular.

    O Partido Popular de Pontevedra insta a Lores a deixar de enredarse no pasado con preitos que se contan por derrotas, e convídalle a unirse aos que apostamos por esixir a Ence compromisos, investimentos e emprego para Pontevedra, algo que xa cristalizou coa firma de pacto ambiental entre a Xunta e Ence. O Partido Popular aposta polo emprego e Lores segue tentando interpretar sentenzas e gastando recursos en preitos inútiles.

    “Lores debería tomar nota dos resultados electorais do pasado 26J, pero se non é capaz de interpretar unha sentenza, é moito pedir que sexa interpretar o resultado electoral”, sentenciou Jacobo Moreira.

    VISITA LEICEAGA CONCELLO

    Así mesmo, o Portavoz dos Populares de Pontevedra amosou a súa sorpresa tras coñecer a visita do candidato dos socialistas galegos, Xaquín Fernández Leiceaga, ao Concello de Pontevedra e facer uso partidista das instalacións de todos os pontevedreses. “Coma ex-concelleiro do BNG entendemos que se poida sentir máis cómodo entre nacionalistas”, ironizou Jacobo Moreira.