Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

Populares de Pontevedra

  • O CONVENIO COA DEPUTACIÓN CHEGA TARDE E INCOMPLETO

     Ante a sinatura do Convenio entre a Deputación e o Concello de Pontevedra

    • Os populares lembran que onte tan só se asinou a metade do comprometido pola Deputación para este ano.
    • Esquecéronse de toda a partida para campos de herba

     

    Pontevedra 7, xullo, 2016.-  César Abal, Concelleiro do Grupo Popular de Pontevedra fixo hoxe valoración tras a firma do Convenio entre a Deputación e o Concello de Pontevedra.

    “Este Convenio chega con 6 meses de atraso e ademais é incompleto”, sinalou César Abal.

    Tras o anuncio en Novembro de 2015 dun novo protocolo de colaboración entre o a Deputación e o Concello de Pontevedra que incluía financiamento para saneamento e campos de herba sintética, a súa firma demorouse en máis de 6 meses, pois o normal era que se producise no mes de Xaneiro coa entrada en vigor do novo Orzamento Municipal para o ano 2016.

    Así, dunha achega estimada en 2 millóns de euros no Capítulo de Investimentos do Orzamento Municipal -aprobado en Pleno aproveitando a baixa médica dun Concelleiro da Corporación- onte tan só se asinou o compromiso de 1.057.000€ por parte da Deputación, esquecéndose dos 850.000€ para campos de herba sintética ou dos 100.000€ para o Novo Acceso a Monteporreiro.

    “A sinatura que se produciu onte é un acto máis de marketing, pois o Saneamento de Mourente leva case un ano co proxecto rematado esperando financiamento, e de súpeto desbotan os novos campos de herba sintética anunciados en numerosas ocasións” sinalou César Abal.

    “A día de hoxe, todos os campos de herba sintética que nos anunciaron que se farían e para o que consignaron partida con 1,7 millóns de euros -dos que a Deputación tiña que aportar 850.000€- unicamente estase a tramitar a renovación do campo municipal da Xunqueira I e con cargo a fondos propios. Polo que moito nos tememos que o anuncio de onte é unha cortina de fume para agochar o incumprimento dos acordos alcanzados no protocolo asinado no mes de Novembro”, engadiu o concelleiro popular.

    Dende o Partido Popular de Pontevedra lembran que se deixou feito un borrador de Convenio coa anterior Deputación no que se incluía, entre outros investimentos, catro campos de herba novos para a cidade de Pontevedra.