Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

Populares de Pontevedra

  • O PP di que Carmela Silva recibe un importante revés ao seu proxecto estrela neste ano, intentar desprestixiar ao PP e Rafael Louzán

    Tras coñecer o arquivo da denuncia dos proxectos europeos

    • Nidia Arévalo esixe que “asuma publicamente o mal traballo deste primeiro ano e pida desculpas ao cidadáns da provincia por este tempo perdido”.
    • “Estes proxectos están parados, cando poderían estar xa dinamizando sectores moi importantes, como o turismo no caso das Pousadas, e apostaron por atrasar todo para que parecese que había problemas”, valora o voceiro popular.
    • Cuestionan que sexa unha coincidencia que hoxe se faga público o arquivo desta denuncia e que a presidenta diga que hai facturas do Ifevi sen pagar desde o anterior mandato.

     

    Pontevedra, 08 de xullo de 2016.- O grupo provincial do Partido Popular amosou esta mañá a súa satisfacción polo arquivo da denuncia que fixo en setembro Carmela Silva sobre os proxectos europeos Pousadas, DepoGap e Depotic xestionados polo anterior goberno do PP na institución provincial. “Hoxe reciben un importante revés, porque desprestixiar ao anterior goberno e destruír ao seu presidente, Rafael Louzán, foi o seu proxecto estrela este ano, e hoxe a fiscalía arquiva esta denuncia porque non hai delito”, subliña a voceira do grupo provincial, Nidia Arévalo.

    A deputada popular considera que “Carmela Silva debería saír publicamente para asumir o mal traballo deste primeiro ano, e pedir desculpas xa non só ao PP, senón ao cidadáns desta provincia por este ano perdido, por esta obsesión co noso partido e co anterior presidente, Rafael Louzán, que lle levou a denunciar e xudicializar a vida política e administrativa en lugar de traballar polo interese da provincia”.

    “Estes proxectos están parados, cando poderían estar xa dinamizando sectores moi importantes para a provincia, como o turismo no caso das Pousadas, e apostaron por atrasar todo para que parecese que había problemas”, critica, e recorda que os tres proxectos contaron cun investimento no seu conxunto de 35 millóns de euros.

    Para a voceira, “queda máis que demostrado que foi un erro levar á fiscalía estes proxectos”, e incide en que “ademais de paralizalos tamén xeraron unha desconfianza, e de aí que apareceran aqueles requirimentos famosos, que en lugar de ocuparse en contestalos e resolver problemas, intentaron xerar dúbidas cara a opinión pública”.

    UN ANO PERDIDO

    Agora, sinalan os populares, “é momento de que a presidenta reflexione, porque levamos un ano de goberno bipartito e un ano perdido na Deputación de Pontevedra”. Recordan que as vías provinciais están cheas de maleza e de socavóns, o parque de maquinaria paralizado, enfrentamentos cos traballadores... “Temos fracaso tras fracaso”, valora Nidia Arévalo, que apunta que este fracaso tamén é no seu propio partido, “apostou claramente por un candidato, que foi derrotado en toda a provincia, pero sobre todo na capital, polo que o único apoio que teñen é o do seu partido en Vigo”.

    Por iso, recomendan “que se poñan de unha vez a traballar, a Deputación funcionaba a un ritmo impresionante, con funcionarios que traballaban de maneira exemplar, saían investimentos, facían obras...” Pola contra, di que “hai un ano de fracaso, de crispación, de malos modos e sobre todo un ano baleiro de proxectos e de infraestruturas que axuden a desenvolver a provincia”. Nesta liña, pide á presidenta que explique cantas obras licitou este ano a nova Deputación. 

    FACTURAS DO IFEVI

    Nidia Arévalo cuestiona que sexa unha coincidencia que hoxe se faga público o arquivo desta denuncia e que a presidenta diga que hai facturas do Ifevi sen pagar desde o anterior mandato. “Preocúpanos bastante a coincidencia nos feitos”, subliña a voceira popular. Explica que “a día de hoxe non hai ningunha factura rexistrada legalmente no que se debera algo ao Ifevi, e parece que despois deste forte varapau, que lles escoce, intentan ocupar espacios nos medios e ocultar o seu gran fracaso con outra gran mentira”.

    “Aparece de repente un escrito no rexistro da Deputación reclamando, segundo din, 100.000 euros e nos preguntamos por que non se presentaron como outras facturas que xa foron abonadas ao IFevi por rexistro e de forma legal. Sospeitamos que esas publicacións e esa rolda de prensa foi para ocultar este revés e continuar con esa obsesión por destruír a Rafael Louzán”, engade.