Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

Populares de Pontevedra

  • Os alcaldes e voceiros do Partido Popular da provincia participan nun curso de formación

     

    Pontevedra, 12 de xullo de 2016.- Os alcaldes e voceiros do Partido Popular de Pontevedra participaron esta tarde nunha xornada formativa. Trátase do primeiro de unha serie de cursos que os populares poñen en marcha neste mes de xullo e que forman parte do Plan de Formación que a dirección provincial vai celebrar antes das eleccións autonómicas.

    O curso que comezou hoxe, e que vai ter unha duración de 12 horas,  trata técnicas de expresión. Nos próximos días, empeza outro de Oratoria Política e a partir de setembro impartiranse outros nos que se tocarán entre outras materias, aspectos máis relacionados coa actividade e a organización municipal.

    Ao encontro de hoxe asistiron, entre outros, os alcaldes e números 1 de Vigo, Cambados, Arbo, Moraña, A Cañiza, Ponte Caldelas e Oia, así como os recén nomeados presidentes das xestoras de O Porriño, Nigrán e Gondomar ou concelleiros de Pontevedra, Baiona, Silleda, Mondariz e Valga.