Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

Populares de Pontevedra

  • Alfonso Rueda pide ao PP do Porriño unidade, traballo e esforzo para recuperar o goberno municipal

    Presentación da xestora do PP do Porriño encabezada por Carlos Martínez Nogueira

    • O recén nomeado presidente local, Carlos Martínez Nogueira, asegurou afrontar esta nova etapa con ilusión. “Conformamos un equipo que aúna capacidade, sensibilidade e iniciativa, ademais de representar a todos os sectores da sociedade porriñesa.

     

    O Porriño, 13 de xullo de 2016.- O presidente provincial do PP de Pontevedra, Alfonso Rueda, participou esta tarde, xunto co secretario xeral dos populares, José Manuel Cores Tourís, na presentación da xestora do PP de Porriño que vai dirixir o partido ata a celebración do congreso local.

    Rueda pediulle ao novo equipo, que está presidido por Carlos Martínez Nogueira, unidade e esforzo “de cara á recuperación do goberno municipal”. 

    O líder dos populares incidiu na importancia do traballo en equipo, e da unidade do partido. “Porque só únidos acaderemos os resultados que esperamos, as división deixámosllas aos outros partidos, que parece que son especialistas”.

    Subliñou ademais que no Porriño demostrouse unha vez máis que o PP precisa de unha maioría absoluta para gobernar, mentres que os demais partidos se conforman con que o PP non consiga  maioría absoluta. “Dálles igual que o Partido Popular dobre á segunda forza en votos ou concelleiros, e dálles igual as diferenzas cos seus socios de goberno, ou se teñen ou non un proxecto en común para o seu concello”.

    Alfonso Rueda aproveitou ademais para agradecerlle o traballo da nova executiva nas pasadas eleccións xerais, nas que o PP conseguiu mellorar case 4 puntos o seu resultado con respecto ás eleccións de decembro e fronte á baixada xeralizada de todas as demais forzas políticas, que no caso de En Marea diminuíu máis de 500 votos.

    Pediu ademais traballo de cara as próximas eleccións autonómicas que se van celebrar en poucos meses, porque son eleccións vitais para a estabilidade de Galicia.

    Non se esqueceu tampouco de darlle as grazas ao grupo municipal polo labor que están a facer desde a oposición.  

    EQUIPO CON CAPACIDADE, SENSIBILDIADE E INICIATIVA 

    O recén nomeado presidente, Carlos M. Martínez Nogueira, comentou que o novo organigrama permitirá dar máis funcionalidade ao partido, “nace como un lugar de encontro e cunha ampla representación dos diferentes sectores do municipio, pensado como unha reactivación do PP local que sente as bases e dea continuidade ao proxecto polo que apostaron a maioría dos porriñeses, tal e como demostran os resultados dos últimos comicios municipais”.

    Nesta liña, Martínez Nogueira asegurou afrontar esta nova etapa con ilusión. “Conformamos un equipo que aúna capacidade, sensibilidade e iniciativa, ademais de representar a todos os sectores da sociedade porriñesa. Un equipo disposto a traballar nun ambicioso e ilusionante proxecto que queremos abrir a todos os veciños e veciñas do noso municipio”.

    A xestora do PP do Porriño, presidida por Carlos M. Martínez Nogueira está formada por 15 persoas, ademais dos vogais e os membros natos.

    O vicepresidente é Manuel Alejandro Lorenzo Alonso, a secretaria xeral Ana María Martínez Paradela e a tesoureira, Iria Lorenzo Soliño.

    Os coordinadores de área son: Andrés Viéitez Iglesias (Organización electoral, ideas e programa), Vanessa Ucha Fernández (Economía e Facenda), Antía Carrera Couselo (Urbanismo e Patrimonio), Ramón Porto Oya (Comercio e Industria), José Carlos González Fernández (Vías e obras, servizos e Parroquias), Ricardo Losada Varela (Emprego e Deportes), María José Martínez Lemos (Sanidade e Medio Ambiente), María Teresa Veloso Castaño (Benestar social, muller e igualdade), Beatriz Correa Correa (Educación e Cultura), Laura López Porto (Novas Xeracións) e José Manuel Estévez Trillo (Xuventude e novas tecnoloxías).

    Completan a lista os vogais, que representan ao casco urbano e a todas as parroquias do Porriño e os membros natos do partido.