Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

Populares de Pontevedra

  • Alfonso Rueda: “Hoxe comeza a vitoria e a reconquista do PP en Sanxenxo”

    • Pediu unidade ao novo equipo e traballo, “non se poden volver cometer os erros do pasado porque das divisións non veñen as vitorias”.
    • Espera que os cidadáns tomen boa nota do espectáculo que están ofrecendo PSOE e En Marea, porque “son un exemplo do caos que poderían supoñer para o goberno da Xunta.

     

    Sanxenxo, 17 de xullo de 2016.- O presidente provincial do PP de Pontevedra, Alfonso Rueda, espera que os cidadáns tomen boa nota do espectáculo que están ofrecendo os demais PSOE e en Marea. “Os seus conflitos internos son un exemplo do caos que poderían supoñer para o goberno da Xunta, se non son capaces de nomear candidato que farían para nomear presidente, se non son capaces de facer candidatura que farían para nomear conselleiros e se non son capaces de facer un programa que lle depararía ao futuro de Galicia nos próximos 4 anos”.

    O líder provincial dos populares incidiu na importancia de ter unha vitoria en outubro, para que “sexa o preludio da vitoria que vaimos ter aquí dentro de tres anos”, porque destacou que “hoxe comeza aquí a vitoria e a reconquista do Partido Popular no Concello de Sanxenxo”.

    Alfonso Rueda pediulle unidade ao novo equipo e traballo para recuperar o goberno do Partido Popular en Sanxenxo. “Non se poden volver cometer os erros do pasado porque das división non veñen as vitorias”, explicou.

    Defendeu que, de vez en cando, é preciso parar un pouco para coller impulso. “E iso é o que significa este congreso. Parar un pouco, ver o que hai, reunirse da xente que quere traballar e volver a coller impulso. Iso os gañadores o saben moi ben, e creo que Telmo o sabe facer ben”, engadiu.

    O presidente provincial subliñou a necesidade de que o PP obteña unha maioría absoluta nas próximas eleccións autonómicas, para garantir a estabilidade de Galicia que só pode ofrecer un goberno do PP e para evitar o bloqueo que se está producindo no goberno do Estado ou en tantos concellos como Sanxenxo, cun goberno que naceu cun pacto sen sentido co único obxectivo de evitar que gobernara o PP e que rompeu aos poucos meses. Por este motivo, Rueda aproveitou a ocasión para defender a urxencia e importancia de cambiar a lei electoral.

    Rueda fixo estas declaracións durante a clausura do V Congreso Local de Sanxenxo no que participou xunto coa ministra en funcións de Fomento, Ana Pastor, e o secretario xeral do PP de Galicia, Miguel Tellado, e no que resultou elixido presidente Telmo Martín co 97,6 % dos votos.