Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

Populares de Pontevedra

  • O PP fará todo o posible para que os colectivos de Poio estean representados no reparto do “pacto ambiental”.

    • Na reunión celebrada hoxe na Comunidade de Montes, o PP garantiu que tomará as medidas necesarias para que os proxectos das asociacións do concello teñan acceso a este financiamento.
    • Os populares insistiron en que a decisión de aproveitar ou non parte os 3 millóns de euros anuais non a pode tomar o Concello “unilateralmente e sen consultar os veciños”.
    • O PP convocará unha reunión extraordinaria do Consello Municipal de Deportes para que os colectivos se pronuncien e solicitará ó Goberno local que convoque unha reunión co resto de asociacións.
    • Ángel Moldes esixe que o bipartito conteste “se recibiu ou non a carta” que os convocaba á comisión de seguimento do pacto entre a pasteira e a Consellería de Medio Ambiente.

     

    Poio, 18 de xullo de 2016.- O Partido Popular de Poio reafirmou hoxe a súa intención de que as asociacións veciñais sociais, culturais de deportivas do concello “estarán representadas” no reparto dos fondos do pacto ambiental asinado entre a Xunta de Galicia e a empresa Ence.

    O presidente local, Ángel Moldes, comunicou este compromiso ós representantes dos distintos colectivos veciñais activos en Poio, nunha reunión convocada ó efecto e á que asistiron a maioría de directivos e representantes veciñais.

    En particular, explicaron os populares, queren que as propostas dos colectivos poienses obteñan financiación dentro do programa marco recollido no pacto ambiental, que investirá 3 millóns de euros en actuacións de caracter social e ambiental nos concellos de Poio, Marín e Pontevedra. Estes fondos se convocarán todos os anos mentres dure a concesión da fábrica pontevedresa.

    A asignación de fondos decidirase cada ano nunha Comisión mixta de seguimento, sobre a que a Xunta informou ós Concellos implicados –incluido Poio- sen que o bipartito local teña dado unha resposta oficial.

    Para Moldes, “aproveitar ou deixar pasar unha ocasión coma esta non pode ser unha decisión unilateral do Concello”, e esixiu que “se escoite ós principais beneficiarios ou perxudicados: os veciños e as asociacións”.

    Moldes recordou que Poio ten a sorte de contar cun tecido asociativo extraordinario, cunha gran cantidade de asociacións de todo tipo –veciñais, sectoriais, recreativas- que prestan un impagable servizo ós veciños a costa dun gran sacrificio persoal dos seus integrantes e moitas veces pese o desinterese do Concello ou da actual deputación: «A parte correspondente destes tres millóns pode sufragar as actividades, por exemplo, das confrarías ou os distintos eventos culturais –concertos, exposicións...- ou deportivos que se fan cada ano en Poio».

    Entre as accións propostas, o voceiro popular anunciou que pedirá unha convocatoria extraordinaria do Consello Municipal de Deportes, no que están representadas a maioría de entidades deportivas de Poio, para que se pronuncien sobre se queren aproveitar estes cartos.

    Ademais, os Populares solicitarán o Concello que celebre unha reunión co resto de asociacións de Poio e se lles pregunte se desexan participar ou non deste financiamento. En palabras de Moldes, “a decisión non pode ser un capricho do goberno: ten que pensar no que máis lle convén ós veciños e a Poio”.

    O voceiro popular indicou tamén que en próximas datas esixirán que o goberno local conteste inequivocamente se recibiu a carta convocándoo a este “pacto ambiental” e por que ocultou esta información ós colectivos de Poio.