Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

Populares de Pontevedra

  • O PP de Pontevedra celebra que o xulgado desestime por segunda vez a denuncia contra Jorge Caldas

     

    Pontevedra, 21 de xullo de 2016.- A coordinadora de organización do PP de Pontevedra e alcaldesa de Moraña, Luisa Piñeiro, celebra que a Xustiza desestime por segunda vez a denuncia contra o ex edil do Partido Popular de Moraña, Jorge Caldas.

    Sen querer entrar a valorar sentenzas xudiciais, Luisa Piñeiro lamenta que fora a Deputación a que presentara o recurso sobre o auto do 8 de abril no que se acordaba o sobreseimento provisional e o arquivo das actuacións.  “Tratando de enturbiar a vida política, de forma claramente partidista, a través da Xustiza cando esta xa se pronunciara claramente”. Con todo, a alcaldesa non se amosa sorprendida por esta actitude, xa que non e a primera vez na que tratan de poñer en mans da xutiza outros asuntos da Deputación.

     “Non se se poden xustificar as expresións de Jorge Caldas pero cando despois de unha dimisión, de pedir desculpas e de que un Xulgado diga que non hai nada se insiste tanto en ir contra un concelleiro do Partido Popular, sorprende que cando hai outros comentarios moi graves e fóra de contexto de outros concelleiros de outros partidos non se responda da mesma maneira”. Son as incoherencias e as distintas varas de medir de PSOE e BNG que se evidencian claramente nun caso coma este.