Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

Populares de Pontevedra

  • O PP de Poio propón aproveitar a ampliación do Centro de Saúde de Anafáns para negociar cos propietarios e ampliar o estacionamento e humanizar a zona

    • Os populares agradecen á Xunta o proxecto de ampliación do Centro de Saúde e piden que o Concello aproveite para solucionar o histórico problema de aparcamento e para humanizar e mellorar o lugar.
    • O voceiro Ángel Moldes reuniuse con veciños da zona e usuarios do centro entre os que se atopaba o propietario da finca coa que previsiblemente se ampliaría o estacionamento, que dixo estar disposto a negociar.
    • Moldes advertiu: «En outubro se coñecerán as partidas orzamentarias, e os veciños están cansados de boas palabras. esta zona é unha das que máis creceu e na que menos se investiu. Danse todas as condicións».

     

    Poio, 26 de xullo de 2016.- O Partido Popular de Poio reuniuse hoxe con veciños de Anafáns e usuarios do Centro de Saúde para falar sobre as actuacións prioritarias na zona despois de que a Xunta anunciase a ampliación do Centro Sanitario.

    O presidente local, Ángel Moldes e os concelleiros Manuel Domínguez e Juan Rodríguez Grandal, abordaron as melloras na veciñanza que o Concello debería levar a cabo co gallo desta ampliación, e observaron un certo consenso sobre a necesidade de certas actuacións: «Hai un problema histórico co estacionamento dos veciños e os usuarios do Ambulatorio. Ó ampliar as instalacións sanitarias, será imprescindible facer tamén máis prazas de aparcamento e poñer beirarrúas na zona».

    As demandas que os residentes lle trasladaron os representantes populares son máis ambiciosas: «Os veciños queren que esta ampliación se aproveite para humanizar definitivamente a zona: Beirarrúas, estacionamento, pero tamén un entorno humanizado con parques e espazos para os veciños que conecte o Centro de Saúde coa PO-308».

    Os veciños recordaron que Anafans é unha das zonas que máis creceu de Poio e na que menos se investiu nos últimos anos. Ademais, lembrou Moldes, «o centro de Saúde non dá servizo só a San Salvador, e unha vez ampliado vai facer falta mellorar o entorno e as infraestruturas: O centro terá máis médicos, dará máis servizo a máis pacientes... así que é o momento axeitado para poñerse mans á obra e escoitar as demandas históricas de veciños e usuarios».

    Na reunión estaba presente o propietario da finca que serviría previsiblemente para a ampliación do estacionamento, chamado Raimundo, que indicou que “está disposto a negociar co Concello” para esta obra.

    Moldes recalcou que “se dan todas as condicións” para acometer esta actuación: «Non sería unha obra das máis grandes ou custosas, pero si sería das máis importantes, e agradeceu a disposición dos propietarios a negociarsobre as parcelas. Ademais estamos en xullo, e a partir de outubro se coñecerán todas as partidas orzamentarias dispoñibles das distintas administracións para poder facer esta mellora».

    No que si estiveron de acordo todos os presentes foi en agradecer á Xunta a iniciativa de ampliar o Centro, pero pediron que se vise acompañada dunha vontade de mellorar a zona por parte do Concello: «O momento é este. Os veciños están dispostos a negociar e xa están cansados de só boas palabras».

    «Xa sofren tamén as promesas de humanizar a estrada de Campelo a Lourido. Entendemos que é o momento de pasar das palabras ós feitos, con propostas e proxectos reais, como este».