Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

Populares de Pontevedra

  • Feijóo recorreu Pontecesures en bicicleta cos rapaces locais tras falar coa veciñanza

    • O presidente dos populares galegos instalou onte o seu ‘Faladoiro’ na Plazuela de Pontecesures

     

    Santiago de Compostela, 28 de xullo de 2016.- O presidente dos populares galegos Alberto Núñez Feijóo mantivo onte un encontro coa veciñanza do concello de Pontecesures.

    Así, o presidente do PPdeG instalou na Plazuela o seu banco ou ‘faladoiro’ co que está a percorrer Galicia para sentarse a conversar coa veciñanza para escoitar as súas inquedanzas así como a urna no que estas persoas poden depositar, do seu puño e letra, as súas propostas de actuacións para o próximo goberno galego.

    Polo seu banco pasaron numerosos veciños e veciñas da localidade interesados en falar de ti a ti co líder popular. Do mesmo xeito, aproveitou para saudar ás persoas que se atopaban pasando a tarde nos bancos e nas terrazas da praza.

    Unha vez rematados os encontros, os rapaces que se atopaban xogando na praza animaron a Feijóo a acompañarlles nun paseo en bicicleta polas rúas adxacentes, ao que o presidente do PPdeG accedeu de bo grao.

    Este encontro forma parte da xira ‘A Galicia que ti queres’ deseñada polo Partido Popular de Galicia para fomentar o contacto directo de Feijóo coas galegas e os galegos e para recibir as súas propostas e achegas de cara á elaboración do vindeiro programa electoral.

    Nesta semana, o líder do PPdeG continuará esta xira con visitas a concellos da provincia de Ourense.