Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

Populares de Pontevedra

  • O PP de Pontevedra nomeará delegados de campaña nos concellos de máis de 20.000 habitantes

     Última reunión do Comité Executivo provincial deste curso político

    • Entre os actos de campaña máis destacados que o Partido Popular vai celebrar na provincia está a celebración de un gran mitin como o da praza de touros, no que o PP reúne arredor de 12.000 simpatizantes.

     

    Pontevedra, 28 de xullo de 2016.- O presidente provincial de Pontevedra, Alfonso Rueda, presidiu esta tarde a última reunión do Comité Executivo do PP de Pontevedra deste curso político.

    O líder provincial avanzou que os populares están pendentes da data de convocatoria das próximas eleccións autonómicas que se van celebrar previsiblemente no mes de outubro. No momento da convocatoria, que se prevé para este mes de agosto, os populares nomearán xa o Comité de Campaña Provincial que se encargará de organizar os actos e o desenvolvemento da campaña electoral.

    Así mesmo, e como novidade, nomearanse tamén delegados de campaña en cada un dos concellos da provincia que teñan máis de 20.000 habitantes. Polo tanto, ademais dos habituais comités de campaña que hai en cada cita electoral en Vigo e Pontevedra, nesta ocasión, o Partido Popular vai contar cun responsables directos  en: Vilagarcía, Marín, Ponteareas, Cangas, Redondela, Lalín e A Estrada.

    “Se atendemos aos resultados das pasadas eleccións xerais, o Partido Popular foi a forza máis votada en todos estes concellos, agás Cangas, pero consideramos que temos que incidir nestes concellos e dar o último empurrón porque son para nós obxectivo electoral preferente”.

    Ademais disto, o Comité Executivo Provincial tratou outros temas como o calendario de actos previstos a partir de setembro así como a celebración de novos congresos e constitución de xestoras, enmarcado dentro de o proceso de renovación que se puxo en marcha a nivel local. O Partido Popular xa fixo renovación nas xestoras do partido en Nigrán, Gondomar e Porriño, e o presidente provincial comentou que inmediatamente despois das autonómicas celebraranse os congresos locais en Vigo e Vilagarcía. “Son renovacións tranquilas, hai xente que leva moito tempo e quere dar paso e outra que vén con moita forza. Así se constitúen os partidos cando non perden o tempo discutindo e en rivalidades”, salientou.

    Entre os actos de campaña máis destacados que o Partido Popular vai celebrar na provincia está a celebración de un gran mitin como o da praza de touros, no que o PP reúne arredor de 12.000 simpatizantes. “Queremos que Pontevedra sexa o escenario do gran mitin de praza de touros e hai que empezar a preparalo agora e queremos que se celebre aquí tamén o inicio do curso político a nivel nacional”.

    “A maquinaria do PP está, polo tanto, perfectamente engrasada para afrontar estas novas eleccións cun obxectivo claro, acadar a maioría absoluta. Temos un candidato indiscutible,  hai experiencia de goberno, hai un proxecto de futuro para os próximos catro anos e iranse conformando as listas unha vez se convoquen as eleccións e se marquen os prazos”, explicou Rueda.

    Cremos que temos que preparar unha campaña en positivo como partido que aspira a seguir gobernando, subliñou, recollendo propostas durante a campaña electoral.

    Pola contra, -subliñou-, en fronte hai partidos sen candidatos, partidos sen programa e partidos que a punto de empezar agosto non saben aínda se van concorrer ás eleccións en coalición ou por separado.

    A Deputación de Pontevedra é outro dos asuntos marcados na orde do día da reunión. Alfonso Rueda explicou que “Carmela Silva segue sen entender que está gobernando a Deputación grazas ao pacto cos nacionalistas, non por gañar as eleccións, pero que ten que dedicarse a gobernar, non a facer oposición da oposición”. Así, Alfonso Rueda incidiu en que “por moito que a presidenta non entenda que o grupo que máis deputados ten debe facer oposición, nós imos a seguir nesta liña de traballo. Un ano despois da investidura, fronte ao seu balance triunfalista, as cousas non están nin moito menos tan ben”, criticou.