Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

Populares de Pontevedra

  • O PP critica que Carmela Silva destine un millón de euros para asfaltado en Vigo, mentres as vías provinciais e dos concellos de menos de 20 mil habitantes continúan abandonadas

    • Ángel Moldes esixe transparencia e que expliquen cal é o criterio que seguen para asinar este convenio, de forma que tamén poida ser extensible para os concellos de menos de 20 mil habitantes.

    Pontevedra, 16 de agosto de 2016.- O grupo provincial do Partido Popular pide á Deputación de Pontevedra que amose o mesmo interese para as vías provinciais e para as estradas dos concellos de menos de 20 mil habitantes que as que ten para a cidade de Vigo, coa que acaba de asinar un convenio para investir un millón de euros no asfaltado de varias rúas. Para o voceiro popular, Ángel Moldes, “non é de recibo que Carmela Silva destine este orzamento para rúas de Vigo mentres as vías provinciais e dos concellos pequenos e medianos da provincia continúan abandonadas, e que nalgún caso, supoñen un risco para a circulación pero tamén para a seguridade dos peóns”.

    O voceiro explica que desde o PP non se opoñen aos convenios que se asinan cos concellos, pero esixen que se fagan con transparencia. “É algo do que Carmela Silva presume continuamente, pero sen embargo non aplica”, insiste Ángel Moldes. Por iso, pregunta de novo, como xa o fixo en comisións informativas e plenos provinciais, nos que non obtivo ningunha resposta, cal é o criterio que segue Carmela Silva para asinar estes convenios con Vigo, de forma que poida ser extensible tamén para os concellos de menos de 20 mil habitantes.

    O popular entende que a Deputación de Pontevedra debe primeiro atender e dar resposta aos concellos prioritarios para esta institución, que son os pequenos e medianos, e despois asinar os convenios que considere necesarios coas cidades. “O que non pode ser é que non se destine nin un só euro para mellorar as rúas destes concellos e se conceda só para Vigo un millón de euros”, critica.

    Nesta liña, recorda que hai concellos da provincia que están criticando a falta de apoio en infraestruturas, maquinaria ou incluso en pavimento. Destaca o caso de Cangas, no que a Deputación de Pontevedra ten pendente o aglomerado dunha estrada desde hai un ano, ou situacións como a de Covelo, onde un derrube no mes de decembro dificulta a circulación nunha das estradas provinciais.

    “Para os concellos da provincia non hai diñeiro, pero sen embargo hai convenio para Vigo”, salienta Moldes, que tamén chama a atención sobre que Carmela Silva criticase as subvencións nominativas do anterior goberno, e que agora as disfraza a modo de convenio. “Ao final é o mesmo pero con diferente nome”, subliña o voceiro.