Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

Populares de Pontevedra

  • Alfonso Rueda contrapón a normalidade do PP na elaboración das listas coas disputas e espectáculos do resto de partidos

    •  “Posiblemente sexa máis espectacular estar todo o día pelexando entre nós, pero preferimos seguir planificando unha campaña en serio”, sinala.
    • O PP presentará nas próximas horas no comité electoral autonómico a candidatura.
    • Anunciou que o inicio do curso político farase de novo na provincia e contará coa presencia de Mariano Rajoy.

     

    Pontevedra, 18 de agosto de 2016.- O Partido Popular de Pontevedra presentará nas próximas horas no comité electoral autonómico a candidatura que concorrerá ás eleccións autonómicas do 25 de setembro. O presidente provincial Alfonso Rueda explicou esta mañá antes da reunión co comité de campaña que están mantendo contacto con todos os responsables locais e ao longo do día pecharán este traballo. “Nós tamén estamos inmersos no proceso de elaboración das listas, o que pasa é que como non pelexamos nin damos espectáculo non se fala de nós”, salientou.

    Por iso, defendeu a normalidade coa que os populares deseñan unha lista na que o importante son as persoas que a integran e a contrapuxo ás “liortas entre o resto de candidaturas”. Neste sentido, o presidente provincial criticou que a actividade do resto de partidos “só se coñeza polas súas disputas internas de poder, por si autorizan as listas en Madrid, por ver si se presentan os que non están satisfeitos nunha lista ou polas votacións por internet”.

    “Posiblemente sexa máis espectacular estar todo o día pelexando entre nós, pero preferimos seguir planificando unha campaña en serio”, destacou Alfonso Rueda. “Estamos seguros de que a xente toma boa nota de quen está estes últimos días antes das eleccións traballando e quen está discutindo por quen colle un escano e quen o perde, por quen queda dentro ou fóra”, engadiu.

    ACTOS EN TODA A PROVINCIA

    Alfonso Rueda reuniuse co comité de campaña para seguir avanzando no deseño dunha campaña “intensa”, na que os populares intentarán estar en todos os concellos da provincia.

    O presidente provincial dixo que mentres o PP sairá á rúa para falar directamente coa xente á que queren pedir o voto, o resto deberá facelo  cunha mestura de partidos que o único que comparten é que queren botar ao PP do goberno. “Estamos gobernando e queremos seguir gobernando, por iso faremos balance de todo o que fixemos nestes anos e tamén explicaremos todo o que queremos facer”, sinalou.

    Neste sentido sinalou que haberá varios actos multitudinarios na provincia que se mesturarán con outros máis pequenos, porque a intención do PP é estar con todos. “Queremos demostrar que somos un partido potente e unido, que non perde o tempo mirando o embigo, e que ten capacidade de mobilización”. Rueda anunciou que un destes actos será o inicio do curso político, que se fará de novo na provincia de Pontevedra e que contará coa presencia de Mariano Rajoy.