Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

Populares de Pontevedra

  • O PP escolle Cotobade para arrancar o curso político, coa presenza de Rajoy e Feijoo

    • Este gran acto será o punto de partida de unha campaña baseada na unidade do partido.

     

    Pontevedra, 20 de agosto de 2016.- A provincia de Pontevedra continuará acollendo un ano máis o inicio do curso político do Partido Popular, que se celebrará o próximo sábado 27 de agosto na Carballeira de San Xusto, na parroquia de San Xurxo de Sacos en Cotobade. O presidente do PP e do goberno en funcións, Mariano Rajoy, xa confirmou a súa presencia nesta cita política, na que tamén participará o presidente rexional do partido Alberto Núñez Feijoo, e na que se espera que participen máis de un milleiro de persoas para arroupar á cúpula do partido na inauguración dun novo curso marcado en Galicia pola inmediatez das eleccións autonómicas.

    Trátase, segundo sinalou o presidente provincial do PP en Pontevedra, Alfonso Rueda, do  punto de saída dunha precampaña electoral intensa e que mesturará actos multitudinarios con outros máis pequenos que percorrerán toda a provincia pero que, nos dous casos, intentarán facer balance de todo o conseguido polo goberno de Alberto Núñez Feijoo nestes anos, así como do proxecto de futuro que o PP ten para Galicia.

    O inicio do curso político en Cotobade será, polo tanto, un dos principais actos que organicen os populares en Pontevedra e que porá énfase na unidade do PP fronte ás pelexas de poder e aos espectáculos que están ofrecendo diariamente o resto de partidos. "Nós estamos centrados na provincia e en Galicia, porque o feito de que sexamos un partido unido e que teñamos un proxecto claro e sólido permítenos non perder o tempo con liortas internas e poñer todo o noso esforzo en traballar polo verdadeiramente importante, que son as persoas", defende o presidente provincial.

    Alfonso Rueda participará na apertura deste acto, no que tamén intervirá o presidente local do partido e alcalde de Cotobade, Jorge Cubela. O presidente rexional, Alberto Núñez Feijoo, e o presidente nacional, Mariano Rajoy, serán os encargados de facer a clausura. O presidente provincial agradece especialmente que Mariano Rajoy, en medio de todo o traballo e das negociacións que se están levando para conseguir a formación dun Goberno en Madrid, non teña ningunha dúbida en manter este acto.

    Aínda que este ano o inicio do curso político do Partido Popular cambia de ubicación, desde o PP amósanse igualmente satisfeitos porque a Carballeira de Cotobade é un enclave excepcional que se adapta á perfección ás súas necesidades, e porque a celebración deste acto suporá unha importante oportunidade para a promoción deste concello, tanto pola repercusión mediática que ten como pola asistencia de preto de un millar de persoas.

    RESPOSTA NULA DA DEPUTACIÓN

    Os populares critican que a resposta que deron desde a Deputación de Pontevedra á súa solicitude para utilizar o entorno do Castelo de Soutomaior é nula, e por iso desde o PP presentaron un recurso de reposición que non foi contestado. Denuncian que a decisión se basea exclusivamente en manifestacións e opinións persoais dun deputado que, ademais, non ten as competencias sobre este edificio, e non se inclúe nin unha soa razón obxectiva nin legal que avale a denegación deste espazo.