Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

Populares de Pontevedra

  • Alfonso Rueda: “os galegos necesitan estabilidade, non bromas nin disputas como as que amosan o resto de partidos”

     Hoxe, nun acto con afiliados e simpatizantes de Poio, no que tamén participou Andrea Levy.

    • Pregunta “que pode supoñer un Goberno de catro ou ata cinco partidos que se levan aínda peor do que se levaba o bipartito. Se non son capaces de facer as listas, como van a ser capaces de gobernar”.
    • “Quedan catro semanas para as eleccións e o único que sabemos deles é que queren botar a Feijoo”, critica.

     

    Poio, 21 de agosto de 2016.- O presidente do PP de Pontevedra, Alfonso Rueda, destacou hoxe que para o futuro e o progreso de Galicia será fundamental que o 25 de setembro se elixa ao único partido capaz de garantir un goberno estable. Considera que o que precisan os galegos é estabilidade, e non bromas nin disputas como as que día si e día tamén amosan o resto de partidos.

    “Nós non pelexamos entre nós, ofrecemos un goberno estable e centrado para traballar polo importante”, subliñou. “Pensade que podería supoñer un Goberno de catro ou ata cinco partidos, e partidos que se levan aínda peor do que se levaba o bipartito. Se non son capaces de facer as listas, como van a ser capaces de gobernar”, engadiu.

    Alfonso Rueda criticou que quedan catro semanas para as eleccións “e o único que sabemos deles é que queren botar a Feijoo”. Nesta liña, incidiu en que un partido serio, que ten aspiracións de goberno, non pode ofrecer como única proposta de futuro acabar co goberno dos populares.

    Foi durante a celebración da undécima edición da romería organizada polo PP de Poio, á que tamén asistiu a vicesecretaria de Estudios e Programas do PP, Andrea Levy, así como o presidente local do partido, Ángel Moldes, e outros cargos do partido así como membros da candidatura dos populares na provincia.

    Alfonso Rueda destacou a importancia de que nas próximas semanas se vexan as diferencias que hai entre o PP e o demais, e puxo como exemplo o proceso normalizado que tiveron os populares para elaborar as candidaturas, fronte aos líos, discusións e incluso descalificacións do resto. “No PP tivemos un proceso tranquilo, pensado para contar coas mellores mulleres e homes”, sinalou ao mesmo tempo que puxo en valor a unidade do partido.

    “Este partido vai gañar as eleccións e imos demostrar en España que somos capaces de decidir que queremos estabilidade, non ese lío que estamos vendo en Madrid”, sinalou. “Mentres en España estiveron os últimos oito meses de lío, en Galicia tivemos estabilidade e credibilidade para gobernar en tempos difíciles”. O presidente provincial destacou, que malia ás dificultades, o PP foi quen de deixar á comunidade na mellor posición posible e soubo estar á altura do que pedían os cidadáns e do que demandaba a situación de Galicia, e puxo como exemplo a política social impulsada desde o goberno galego, entre outras medidas.