Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

Populares de Pontevedra

  • O PPdeG presentará ante os galegos “un equipo unido para unha maioría estable”

    O secretario xeral do partido presentou hoxe trala reunión do Comité Electoral unhas listas renovadas nun 58%

    • Miguel Tellado sinala que as listas populares inclúen “o que ningunha outra forza pode ofertar”: experiencia e unidade
    • “Destas candidaturas non sairá ningún grupo mixto nin ningunha impugnación ante Madrid”, destaca

     

    Santiago de Compostela, 19 de agosto de 2016.- O secretario xeral dos populares galegos, Miguel Tellado, ofreceu hoxe unha rolda de prensa trala reunión do Comité Electoral do Partido Popular de Galicia, presidido por Alfonso Villares.

    Tellado anunciou así “o equipo que acompañará ao noso candidato no Parlamento de Galicia para defender o noso proxecto”, destacando que o obxectivo das candidaturas do PPdeG é “ter un grupo parlamentario sólido capaz de defender o noso proxecto” fronte a outras que teñen como prioridade “dar satisfacción a diferentes faccións ou agrupacións locais”. O número dous dos populares galegos presentou unhas listas cunha porcentaxe de renovación dun 58%, destacando non obstante que a incorporación de novas caras se combina con “conservar aos valores seguros”.

    Tellado quixo así contrastar con outras forzas que necesitan “cambiar de marca” ou esconder aos “referentes nos últimos catro anos”. O PPdeG síntese “orgulloso” do traballo feito en Xunta e Parlamento e por iso inclúe nas súas candidaturas á totalidade do goberno galego, a todos os delegados territoriais e a todas as persoas que ocupan cargos na Mesa do Parlamento ou na dirección do grupo parlamentario.

    “Cremos que o traballo destes catro anos é, sen lugar a dúbidas, o noso gran aval ante Galicia nestas eleccións e polo tanto incorporamos ás listas ás persoas que representan ese traballo do que nos sentimos orgullosos”, concluíu.

    EXPERIENCIA E UNIDADE, RASGOS DIFERENCIAIS

    Miguel Tellado explicou que as candidaturas do PPdeG ofrecen “un equipo con dúas características que ningunha outra forza política pode ofertar nestes momentos”: a experiencia e a unidade.

    No tocante á experiencia, o secretario xeral dos populares indicou que as candidaturas do PPdeG incorporan a “persoas experimentadas na xestión pública” en diferentes eidos: goberno galego, Cortes Xerais e política local, así como deputados con experiencia na propia cámara galega na defensa de temas tan importantes como a política económica, a política social, a pesqueira ou a sanitaria.

    En canto á unidade, Tellado destacou que as candidaturas populares configuran un “equipo unido para unha maioría estable”. “Destas candidaturas non vai saír ningún grupo mixto”, sinalou Tellado en referencia á ruptura nesta lexislatura do grupo parlamentario que formaban os que agora integran as Mareas. Unha fractura cuxa repetición augurou nesta nova lexislatura.

    Tamén puxo en valor que “destas candidaturas non sairá ningunha impugnación ante os órganos do partido en Madrid” como si ocorreu no caso dos socialistas galegos. Estas listas non “nolas ten que emendar ninguén”, pois “aquí ninguén discute o liderazgo de Alberto Núñez Feijóo”. afirmou en referencia á corrección feita por Ferraz nas listas do PSdeG.

    Tras agradecer o seu traballo e esforzo durante estes anos ás persoas que non repiten nas candidaturas, o secretario xeral do PPdeG destacou que as persoas que conforman as candidaturas para o 25 de setembro son un “equipo unido” capaz de lograr “unha maioría estable para Galicia”.

    LISTA DE PONTEVEDRA:

    1-. Alberto Núñez Feijóo

    2-. Alfonso Rueda Valenzuela

    3-. Teresa Egerique Mosquera

    4-.Jesús Vázquez Almuíña

    5-. Guadalupe Murillo Solís

    6-. Román Rodríguez González

    7-. Valeriano Martínez González

    8-. José Manuel Cores Tourís

    9-. María Nava Castro Domínguez

    10-. Marta Rodríguez Arias

    11-. Ignacio Javier López-Chaves Castro

    12.- Silvestre José Balseiros Guinarte

    13-. Alberto Pazos Couñago

    14-. Marián García Míguez

    15-. Isabel Novo Fariña

    16-. Javier Dorado Soto

    17-.Moisés Rodríguez Pérez

    18-. Jacobo Moreira Ferro

    19-. Rosa Oubiña Solla

    20-. Marta Fernández-Tapias Núñez

    21-. Pablo Carollo Ramos

    22-. María de la Concepción Ortega Martínez

    Suplentes:

    1-. Manuel Santos Costa

    2-. Gerardo Ramón Pérez Puga

    3-. María José Pino Fernández

    4-. Paula Bouzós Barros

    5-. María Deza Martínez