Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

Populares de Pontevedra

  • Novas Xeracións agradece de novo a confianza posta na mocidade na configuración das listas electorais

    NN.XX recorda que, a diferenza do que ocorre noutros partidos, o PPdeG segue apostando pola renovación e pola mocidade

    • O presidente de NN.XX destaca que ata once membros da organización formarán parte das distintas listas polas catro provincias. Javier Dorado e Pablo Carollo, na provincia de Pontevedra.
    • Gago lembra que o PPdeG xa é o partido que máis mozos e mozas ten nas distintas institucións e no Parlamento de Galicia ata a súa actual disolución.

     

    Santiago, 23 de agosto de 2016.- Novas Xeracións agradece de novo a confianza posta na mocidade na configuración das listas electorais de cara ás vindeiras eleccións autonómicas onde haberá unha nutrida presenza de caras novas.

    O presidente de Novas Xeracións, Diego Gago, destaca que ata un total de once mozos e mozas que forman ou formaron parte da organización xuvenil ata fai uns meses integrarán as listas electorais das catro provincias, asegurando a presenza de xente nova no máximo órgano autonómico de acadar o Goberno galego. No caso da candidatura por Pontevedra, forman parte da lista Javier Dorado, secretario xeral de Novas Xeracións do PP de España, e Pablo Carollo, presidente provincial da asociación.

    Gago lembra que o PPdeG xa é o partido que máis mozos e mozas ten nas distintas institucións e tamén no Parlamento autonómico que se ven de disolver, e celebra que unha vez máis o presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijoo, volva a confiar en NN.XX.

    NN.XX tamén quere sinalar a presenza de membros da organización en todos e cada uns dos órganos internos de partido, incluídos os aprobados recentemente con motivos dos comicios autonómicos como son o comité electoral, o comité de campaña e o programa redactor, onde representan a voz moza do partido e da sociedade galega.

    O líder xuvenil lamenta o que está a acontecer noutros partidos políticos nos que ou non haberá representación moza, ou existen grandes controversias públicas na conformación das listas, en contraposición coa unidade e a claridade de proxecto que presenta o PPdeG.

    Ademais, NN.XX pon de manifesto que traballará arreo cunha axenda propia para axudar a acadar unha nova maioría absoluta confiando que a mocidade volva ser clave coma o foi no ano nove e no ano doce.