Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

Populares de Pontevedra

  • Alfonso Rueda sinala que presentan unha candidatura forte, unida e preparada para traballar por Galicia e por Pontevedra

     

    • Destaca a importancia de Pontevedra para conseguir un magnífico resultado o 25 de setembro.
    • "Nós non discutimos con ninguén, que nos atopen falando coa xente, explicando o que queremos facer e escoitando as súas opinións", sinala.
    • A lista está renovada nun 63%, e dá cabida a todas e cada unha das comarcas da provincia.

     

    Vigo, 23 de agosto de 2016.- O presidente do Partido Popular de Pontevedra, Alfonso Rueda, puxo en valor esta tarde a lista que presentan pola provincia para as eleccións autonómicas do 25 de setembro, unha candidatura forte, unida, con gran peso político e, sobre todo, preparada para traballar por Galicia e pola provincia de Pontevedra. O líder provincial dixo que traballarán duro, con unidade e con humildade para defender os intereses dos cidadáns, e conscientes da importancia desta provincia para conseguir un magnífico resultado.

    Foi durante a xunta directiva do PP de Pontevedra, na que se presentou a candidatura desta provincia, e que estivo presidida polo presidente do PPdeG e número un da lista, Alberto Núñez Feijoo. Alfonso Rueda destacou que os populares teñen por diante un reto excepcional, que é traballar para conseguir a terceira maioría absoluta de Nuñez Feijoo, e destacou a dobre responsabilidade que supón ter a Feijoo como candidato, e agradeceu que o presidente elixise de novo a provincia para presentarse.

    O presidente provincial sinalou que "agora que a nova política é unha gran decepción, e que a outros partidos só se lles espera para ir ás eleccións,  é momento de apretar o acelerador e de non confiarnos". Ademais, Rueda apuntou que "nós non discutimos con ninguén, preferimos que nos atopen falando coa xente, explicando o que queremos e escoitando as dúas opinións".

    "Din que levou un banco por cen concellos porque estaba cansado, eles prefiren dedicar as forzas para descalificarse e enfrentarse entre eles", criticou.

    O PP de Pontevedra presenta unha candidatura renovada nun 63%, e dá cabida a todas e cada unha das comarcas da provincia. Segundo explicou o presidente provincial, é unha candidatura unida, froito do consenso, e pensada nas capacidades das persoas e non nos intereses individuais de cada un.

    Por iso defendeu a importancia de que todo o PP de Pontevedra traballe arreo para conseguir os mellores resultados nesta provincia, explicou que van percorrer concello a concello para facer balance de todo o que o goberno de Feijoo conseguiu, pero tamén para explicar todo o que queren facer e o que lle poden seguir ofrecendo á provincia e a Galicia. Nesta liña, apuntou que os pontevedreses deben dicir alto e claro nas urnas, do mesmo xeito que no resto das provincias, que non queren para Galicia o bloqueo que está sufrindo España desde hai oito meses.