Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

Populares de Pontevedra

  • O Goberno do BNG paga ao líder do BNG en O Salnés dúas facturas polo mesmo concepto

    “En 17 anos de goberno, os nacionalistas converteron o Concello de Pontevedra nun caldo de cultivo do caciquismo”.

    • Baixo o concepto “Horta urbana de Monteporreiro 2015”, emitíronse dúas facturas, unha o pasado ano por máis de 5.300 euros, e outra en 2016 por máis de 3.500 euros
    • Os pontevedreses seguen agardando as explicacións de Lores polos contratos a dedo cuxo custo ascende a máis de 25.000 euros.

     

    Pontevedra 23, agosto, 2016.- Os populares insisten en pedir explicacións ao Alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores, tras acceder a unha nova factura emitida o pasado mes de xuño en beneficio do responsable comarcal do BNG en O Salnés, Manuel Domínguez Rey, por un valor superior aos 3.500 euros.

    A formación que encabeza Jacobo Moreira esixe explicacións, “non só polos favoritismos do BNG que vimos denunciando”, senón tamén porque o concepto desta nova factura, “Horta urbana de Monte Porreiro 2016”, xa foi empregado nunha factura similar en maio de 2015 que superaba os 5.300 euros.

    “Estamos a comprobar como, en 17 anos de goberno, os nacionalistas converteron o Concello de Pontevedra nun caldo de cultivo do caciquismo, no que proliferan os contratos a dedo para recompensar ás persoas afíns ao BNG”, denunciaron este martes. “O PP seguirá exercendo a súa labor de fiscalización”, reiteran, “defendendo o dereito de todos os pontevedreses a coñecer o destino dos seus cartos”.

    “Lores leva concedidos nun ano e medio máis de 25.000 euros ao responsable comarcal do BNG en O Salnés por actividades tan variopintas que abarcan dende cursos de poda ata clases de hulla-hop”, apuntan, “o señor Demetrio Gómez afirmou que pensan seguir traballando con Manuel Domínguez sempre que o faga así de ben, pero aínda lle queda por aclarar a que actividades se refire,  pois non é normal que sexa o mellor profesional en calquera disciplina”.

    “Con isto estamos a comprobar que a Lores impórtalle máis recompensar aos seus achegados que os intereses dos veciños de Pontevedra”, denunciaron. “Pedimos explicacións hai xa un mes e aínda non recibimos resposta, agora o BNG debe render contas ante este claro caso de caciquismo”, sentenciaron.