Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

Populares de Pontevedra

  • O PP DE SALCEDA PRESENTA UNHA MOCIÓN RESOLUTIVA PARA PODER PAGAR A PROVEDORES

    • Os populares aseguran cambiar o sentido do voto si se aproba a proposta.
    • Esta moción ten carácter resolutivo, polo tanto de obrigado cumprimento.
    • Os populares demostran vontade e compromiso para solucionar un problema que non crearon, fronte a un Alcalde que pretende impor, culpar e negar  a realidade.

     

    Salceda de Caselas, 24 de agosto de 2016.- O Partido Popular de Salceda de Caselas ven de presentar por rexistro unha moción de carácter resolutivo para debatir no pleno de mañá venres día 26 de agosto ás 21:00 horas, “con dita moción pretendemos concordar coa Corporación, en axustar e modificar o orzamento municipal para así poder cambiar o sentido do voto e facilitar a aprobación do recoñecemento extraxudicial de crédito por importe de 640.000 €, cantidade gastada sen partida económica no orzamento do ano 2015, ano electoral”, manifesta Santiago Rodríguez Davila, portavoz municipal popular.

    O pago a provedores xa foi sometido a aprobación por parte da corporación en repetidas ocasións, sen nigún tipo de acordo previo, nin compromiso de axuste, medida ou acción para reconducir a nefasta xestión económica.

    Os populares manteñen que non foron partícipes de aprobar orzamentos inflados, irreais e con partidas de ingresos que nunca se cumpriron ó longo dos últimos anos, “un claro exemplo son as concesión dos postos da praza de abastos, onde un ano si e outro tamén, prevían ingresar 200.000 € cando en realidade se ingresou cero euros, o que significa que si gastaron eses 200.000 € que se trasladaron a débeda, non pagando facturas por non dispor deses cartos” .

    En dita moción, o grupo popular pretende que o Alcalde poña en práctica a reducción en diferentes partidas do orzamento, para ter a dispoñibilidade orzamentaria durante todo o ano, e non ter que levar ó exercicio seguinte recoñementos por importes tan escandalosos e inxustificables, “salvo que entendamos, como así foi, que en ano electoral se tire o Concello pola fiestra e logo xa veremos como o arranxamos, ben subindo impostos (como sucedeu co IBI.) ou non pagándolle ós provedores como é o caso que nos preocupa e ocupa” manifestan dende o grupo municipal popular.

    A moción resolutiva presentada, céntrase nas partidas creadas que non van ser executadas, polo tanto non gastadas por non dispor de tempo para sacalas adiante, “pedimos a minoración nas partidas - programas recollidas no orzamento cos números 150 - 15.000 €, no 132 – 18.000 €, no 920 – 4.000 €, no 912 – 52.000 € e no 151-227.06 por importe de 60.000 €, dende urbanismo, seguridade, asignacións ós membros do goberno, ata a creación de postos de funcionarios. Un total de 149.000 € de axuste para poder cumprir e pagar en tempo ós provedores, asociacións e colectivos que teñen retrasos, en moitos casos, superiores ao ano de espera”

    Así mesmo, a moción contempla  “un incremento da partida 22100 (enerxía eléctrica), dado que  a liquidación do exercicio anterior, xunto co avance do 2016, demostran que non será suficiente o que ven asignado no orzamento para este ano 16”.

    Na moción, piden ademáis que estas medidas de aforro se apliquen ata final do mandato actual (maio do ano 2019) e que dentro do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra, se adique no seu límite máximo, a amortizar débeda, que na actualidade supera os 4 millóns de euros.

    Os concelleiros/as populares, manifestan que o voto popular mudaria dun non a unha abstención, sempre que o pleno municipal respalde esta moción, “xa que ten carácter resolutivo e polo tanto o Alcalde ten a obriga de aplicar o acordado, posibilitando, por un lado o aforro e amortización da débeda, e por outro o pago das máis de 1.000 facturas que o Alcalde ten sen pagar ós provedores dende fai máis dun ano na súa maioría”.

    Confiando na súa aprobación, os populares manifestan, “demostramos unha vez máis, que estamos para axudar a resolver os problemas que o Alcalde e o seu goberno crean ano tras ano ós colectivos e provedores, o non pagar en tempo razoable as aportacións e facturas ós mesmos”.v