Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

Populares de Pontevedra

  • Alfonso Rueda sinala que ir contra Feijoo é ir tamén contra todo o que ten avanzado Galicia

    •  Apunta que “o exceso de confianza é o peor inimigo do Partido Popular”.

     

    Cotobade, 26 de agosto de 2016.- O presidente do Partido Popular de Pontevedra, Alfonso Rueda, destacou esta mañá que o PP é o único partido que ofrece propostas serias e gobernos sólidos, e o pode facer porque está centrado no importante, que son as persoas e Galicia, e non en discusións internas e loitas polo poder.

    Fronte ás propostas dos populares, Alfonso Rueda criticou que o único que une ao resto de partidos é que todos van contra Feijoo e contra o PP, “pero iso non é ningunha novidade”. Nesta liña, apuntou que “ir contra Feijóo despois destes anos duros é ir contra 83.000 parados menos, contra case dous anos de crecemento económico consecutivos, contra a eliminación do imposto de doazóns e de sucesións, contra a comunidade autónoma que fixo máis investimentos, contra o goberno que duplicou as axudas sociais... Iso é ir contra Feijóo, contra o PP e contra todos nós”.

    Foi durante o  inicio do curso político do Partido Popular que se celebrou en Cotobade, e no que tamén participaron o presidente do Goberno e funcións e do PP, Mariano Rajoy; o presidente rexional, Alberto Núñez Feijoo; e o alcalde e presidente local do partido, Jorge Cubela. O líder dos populares provinciais sinalou que o exceso de confianza é o principal inimigo dos populares, polo que animou a todos os asistentes a traballar duro nas próximas semanas. “Non nos podemos confiar, hai que traballar moitísimo”, dixo, e recordou que “hai moito do que estar orgullosos, e é o que temos que explicar nos días que nos quedan. Hai que falar facendo, dedicarnos ao que sabemos facer”.

    Alfonso Rueda recordou que o PP xa o leva facendo nos últimos meses. “Cada un dedicou o verán ao que quixo. Nós a traballar, outros decidiron empregar o seu tempo en liortas”. Por iso sinalou que “pode ser que, como din, chegamos máis frescos ca eles, pero é porque discutir e estar todo o día en conflitos ten que ser agotador”.

    O presidente provincial amosouse confiado en que a cidadanía tomará boa nota de como están afrontando cada partido a campaña electoral cando queda menos de un mes para as eleccións.